Dende Vilalba Aberta dámosvos a benvida á plataforma do proceso de participación veciñal que vimos de pór en marcha de cara á necesaria negociación duns Orzamentos Municipais para o noso Concello. Unha ferramenta coa que, baixo o nome de Participa Vilalba, poñemos a disposición dos veciños/as de vila e parroquias a posibilidade de decidir bloque a bloque o conxunto das propostas coas que urxiremos á negociación ao Goberno.

 

Tomamos, pois, unha vez máis a iniciativa e facémolo desmarcándonos do xeito de facer dos outros partidos, en tanto que , ademais dun inédito procedemento de participación veciñal online; Participa Vilalba nace co obxectivo de implicar á veciñanza, involucrando tanto aos barrios da vila como ás parroquias, así como aos traballadores/as e autónomos, principais afectados pola gravísima realidade económica consecuencia da aparición do Covid.

 

En definitiva, darvos voz co fin de poñer de relevancia a intelixencia colectiva, pola vía dun proceso que faga posible que decenas de veciños/as tomedes parte na creación, discusión e priorización das vosas inquedanzas. Un proxecto colectivo que demostre que se pode facer política doutro xeito, coa participación da xente e sen concibirvos aos veciños/as como se forades unha clientela á que convencer. 

O procedemento está activo dende as 12:00h do luns 2 de Novembro, a fin de que todas as persoas empadroadas no Concello de Vilalba poidades enviar as vosas propostas ata as 23:55h do vindeiro mércores 11 de Novembro.

 

Neste senso, e unha vez expirado o prazo, activaremos un proceso de avaliación, co fin de analizar a viabilidade xurídica e económica das achegas para, de seguido, establecermos unha síntese e as conclusións. 

O que a continuación vos presentamos é a relación dos eixos temáticos que nos servirán de base para estruturar a elaboración colectiva. Unha proposta marco que, agardamos, sexa o suficientemente ampla para responder ao xeito de facer que, coa posta en marcha desta ferramenta participativa ambicionamos, isto é: Un continuado procedemento colectivo, baseado na participación e a corresponsabilización da veciñanza na construción da Vilalba que queremos.

Rexístrate no Foro, escolle un dos eixos temáticos e crea a túa proposta. 

Paso de cebra estrada de Baamonde  

  RSS

Noel_gz7
(@noel_gz7)
Membro Activo
Conectado: fai 2 anos
Publicacións: 14
11 Novembro, 2020 17:53  

Por favor, que se limite a velocidade, así como que se instalen medidas de prevención da velocidade na estrada de Baamonde, concretamente no tramo do paseo cara ao Muíño dl Rañrgo. 

 

Tamén sería inportante que se instale un paso de zebra que permita cruzar ao Muíño sen ter que andar cruzando unha estrada sen ningunha seguridade. 


Citar
Etiquetas da Proposta
Compartir: