Dende Vilalba Aberta dámosvos a benvida á plataforma do proceso de participación veciñal que vimos de pór en marcha de cara á necesaria negociación duns Orzamentos Municipais para o noso Concello. Unha ferramenta coa que, baixo o nome de Participa Vilalba, poñemos a disposición dos veciños/as de vila e parroquias a posibilidade de decidir bloque a bloque o conxunto das propostas coas que urxiremos á negociación ao Goberno.

 

Tomamos, pois, unha vez máis a iniciativa e facémolo desmarcándonos do xeito de facer dos outros partidos, en tanto que , ademais dun inédito procedemento de participación veciñal online; Participa Vilalba nace co obxectivo de implicar á veciñanza, involucrando tanto aos barrios da vila como ás parroquias, así como aos traballadores/as e autónomos, principais afectados pola gravísima realidade económica consecuencia da aparición do Covid.

 

En definitiva, darvos voz co fin de poñer de relevancia a intelixencia colectiva, pola vía dun proceso que faga posible que decenas de veciños/as tomedes parte na creación, discusión e priorización das vosas inquedanzas. Un proxecto colectivo que demostre que se pode facer política doutro xeito, coa participación da xente e sen concibirvos aos veciños/as como se forades unha clientela á que convencer. 

O procedemento está activo dende as 12:00h do luns 2 de Novembro, a fin de que todas as persoas empadroadas no Concello de Vilalba poidades enviar as vosas propostas ata as 23:55h do vindeiro mércores 11 de Novembro.

 

Neste senso, e unha vez expirado o prazo, activaremos un proceso de avaliación, co fin de analizar a viabilidade xurídica e económica das achegas para, de seguido, establecermos unha síntese e as conclusións. 

O que a continuación vos presentamos é a relación dos eixos temáticos que nos servirán de base para estruturar a elaboración colectiva. Unha proposta marco que, agardamos, sexa o suficientemente ampla para responder ao xeito de facer que, coa posta en marcha desta ferramenta participativa ambicionamos, isto é: Un continuado procedemento colectivo, baseado na participación e a corresponsabilización da veciñanza na construción da Vilalba que queremos.

Rexístrate no Foro, escolle un dos eixos temáticos e crea a túa proposta. 

Deportes

Non se crearon propostas ainda. Crea a primeira rexistrándote.

Compartir: