
Dende Vilalba Aberta dámosvos a benvida á plataforma do proceso de participación veciñal que vimos de pór en marcha de cara á necesaria negociación duns Orzamentos Municipais para o noso Concello. Unha ferramenta coa que, baixo o nome de Participa Vilalba, poñemos a disposición dos veciños/as de vila e parroquias a posibilidade de decidir bloque a bloque o conxunto das propostas coas que urxiremos á negociación ao Goberno.
Tomamos, pois, unha vez máis a iniciativa e facémolo desmarcándonos do xeito de facer dos outros partidos, en tanto que , ademais dun inédito procedemento de participación veciñal online; Participa Vilalba nace co obxectivo de implicar á veciñanza, involucrando tanto aos barrios da vila como ás parroquias, así como aos traballadores/as e autónomos, principais afectados pola gravísima realidade económica consecuencia da aparición do Covid.
En definitiva, darvos voz co fin de poñer de relevancia a intelixencia colectiva, pola vía dun proceso que faga posible que decenas de veciños/as tomedes parte na creación, discusión e priorización das vosas inquedanzas. Un proxecto colectivo que demostre que se pode facer política doutro xeito, coa participación da xente e sen concibirvos aos veciños/as como se forades unha clientela á que convencer.
O procedemento está activo dende as 12:00h do luns 2 de Novembro, a fin de que todas as persoas empadroadas no Concello de Vilalba poidades enviar as vosas propostas ata as 23:55h do vindeiro mércores 11 de Novembro.
Neste senso, e unha vez expirado o prazo, activaremos un proceso de avaliación, co fin de analizar a viabilidade xurídica e económica das achegas para, de seguido, establecermos unha síntese e as conclusións.
O que a continuación vos presentamos é a relación dos eixos temáticos que nos servirán de base para estruturar a elaboración colectiva. Unha proposta marco que, agardamos, sexa o suficientemente ampla para responder ao xeito de facer que, coa posta en marcha desta ferramenta participativa ambicionamos, isto é: Un continuado procedemento colectivo, baseado na participación e a corresponsabilización da veciñanza na construción da Vilalba que queremos.
Rexístrate no Foro, escolle un dos eixos temáticos e crea a túa proposta.
Membros do Foro
Avatar | Información do membro | Data de rexistro |
---|---|---|
![]() |
Noel_gz7 (@noel_gz7) Rexistrado | 1/10 | Publicacións: 14 | |
12 Outubro, 2018 10:32 |
Alba (@alba) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 3 | |
3 Novembro, 2020 07:19 | |
Santi (@santi) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 2 | |
4 Novembro, 2020 12:04 | |
aparrod (@aparrod) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 1 | |
2 Novembro, 2020 06:14 | |
Fran Cornide (@fran-cornide) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 1 | |
2 Novembro, 2020 12:45 | |
![]() |
Vilalba Aberta (@vil97berta501) Admin | 0/10 | Publicacións: 0 | |
6 Setembro, 2018 11:48 |
Vilalba Aberta (@vilalba-aberta) Moderator | 0/10 | Publicacións: 0 | |
24 Setembro, 2018 16:47 | |
Jose luis (@jose-luis) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 0 | |
5 Outubro, 2018 12:50 | |
Carlos Xose Curras (@carlos-xose-curras) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 0 | |
8 Outubro, 2018 13:46 | |
Spotter Dani (@spotter-dani) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 0 | |
9 Outubro, 2018 14:05 | |
![]() |
uvela (@uvela) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 0 | |
22 Outubro, 2018 21:44 |
aquavelvet90 (@aquavelvet90) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 0 | |
24 Outubro, 2018 14:02 | |
Mi MADRINA (@mi-madrina) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 0 | |
8 Novembro, 2018 12:22 | |
MMS (@mms) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 0 | |
8 Novembro, 2018 13:48 | |
LauraEmeEme (@lauraemeeme) Rexistrado | 0/10 | Publicacións: 0 | |
7 Febreiro, 2019 12:30 |
Última proposta: Novos parking Último membro/a en chegar: Santi Últimas Propostas Publicacións non lidas Tags
Iconas do Foro: O foro non contén mensaxes sin ler O foro contén mensaxes non lidas Marcar todo como lido
Iconas das propostas: Non respondido Respondido Activo Concurrido Marcado Desaprobado Resolto Privado Pechado