Vilalba 1989. Profesor de Música, estudou Xeografía e Historia pola UNED e actualmente traballa na empresa privada. O seu compromiso político comezou ao pouco de chegar á universidade, onde, dende os 18, se implicou activamente no movemento político xuvenil e estudantil. Participa da asemblea de Vilalba Aberta dende a inaugural de Marzo de 2015 e nas Eleccións Municipais do mesmo ano foi, con 26 anos, o Candidato máis novo á Alcaldía.

Logo de catro anos nos que, da man do inxente traballo municipal, se erixiu coma unha das voces máis críticas coa xestión dos Gobernos de Criado e Baamonde, repetíu coma Candidato en 2019 e, na presente lexislatura, continúa como voceiro do Grupo Municipal de Vilalba Aberta.

Mª Xosé Fernández Pardo

Vilalba 1966. Administrativa na empresa privada, aínda que naceu e reside en Vilalba, mantén unha especial vinculación coa parroquia de Alba, en tanto que lugar onde aínda residen os seus pais. Participante de Vilalba Aberta dende a súa asemblea fundacional, participa do tecido asociativo vilalbés pola vía da súa afección á música tradicional galega.  

Nas pasadas Eleccións Municipais de 2019 foi a número 2 da Candidatura de Vilalba Aberta e na actualidade é Concelleira electa e a Vicevoceira do noso Grupo Municipal.