Skip to content
contacto@vilalbaberta.org
Search:
Buscar...

ASEMBLEA VILALBA ABERTA

Facebook page opens in new windowTwitter page opens in new windowInstagram page opens in new windowYouTube page opens in new window
Vilalba Aberta
Just another WordPress site
Vilalba AbertaVilalba Aberta
  • Quen Somos
  • Equipo de traballo
  • Principios
  • Actualidade
  • Concelleiros
  • Proxecto de Concello
  • Contacto
  • Quen Somos
  • Equipo de traballo
  • Principios
  • Actualidade
  • Concelleiros
  • Proxecto de Concello
  • Contacto

  • Modesto Renda desmonta ó
    goberno no debate do noso
    plan de axuda á conciliación
    Ler máis
  • Vilalba Aberta propón un sistema
    de cheques axuda á conciliación
    en apoio ás familias traballadoras
    Ler máis
  • Vilalba Aberta presiona ao PSOE
    coa ampliación do polígono cunha
    reunión co tecido empresarial
    Ler máis
  • Intervención de Modesto Renda
    no debate sobre a Rúa da Pravia
    (Pleno Extraordinario 20/05/22)
    Ler máis

Vilalba Aberta celebrará este xoves a 5ª edición do seu Orgullo LGTBI+ co profesor Andy Toro coma poñente

Saber Máis »

Vilalba Aberta propuxo no que vai de ano o arranxo de 35 pistas en 15 parroquias sen resposta algunha do goberno

Saber Máis »

Vilalba Aberta desmárcase de PSOE e PP e propón a xestión pública da limpeza en colexios e instalacións municipais

Saber Máis »

Vilalba Aberta pide explicacións ao PSOE polo arranxo do “monumento aos caídos na santa cruzada” de Alba

Saber Máis »

Vilalba Aberta propón o Mercado como centro da venda directa de produtores locais e ecolóxicos

Saber Máis »

Vilalba Aberta levará a pleno un sistema de cheques axuda á conciliación como medida de apoio ás familias traballadoras

Saber Máis »

Vilalba Aberta presiona ó PSOE coa ampliación do polígono reuníndose con representantes do tecido empresarial

Saber Máis »

Vilalba Aberta continúa este venres en Lanzós as súas xuntanzas parroquia a parroquia

Saber Máis »
Vilalba Aberta
Tweets by Vilalbaaberta

vilalbaaberta

Partido vilalbés, de base veciñal e municipalista. Súmate ao cambio que vén!

Vilalba Aberta
Reportaxe fotográfica da V Edición do #OrgulloVA Reportaxe fotográfica da V Edición do #OrgulloVA. 

💚👏👏 Grazas ao noso convidado Andy Toro e a todos/as cantos participastes onte por demostrar que non hai un mellor xeito de avanzarmos coma sociedade que pola vía da participación activa do colectivo #LGTBI+ local. 

🌈 #Orgullo2022 #Vilalba #VilalbaOrgullosa 🌈
Se, coma nós, acreditas nunha #Vilalba tolerante Se, coma nós, acreditas nunha #Vilalba tolerante e diversa, comparte o cartel 👇 nas túas stories e achégate este xoves ás 21h ao Hostal Terra Chá.

🟢 Nesta xa 5ª Edición do #OrgulloVA, estará con nosco o profesor e veciño Andy Toro Phillips para participar dun debate aberto moderado pola nosa compañeira María Pérez. 

🌈 #Orgullo2022 #VilalbaOrgullosa 🌈
VA propuxo no que vai de ano o arranxo de 35 pista VA propuxo no que vai de ano o arranxo de 35 pistas en 15 parroquias sen resposta algunha do goberno.

🔊 @modestorenda denunciou o continuado desprezo á veciñanza das #parroquias e defendeu a 'política do traballo e da escoita', fronte a 'aquela que só se lembra do rural cando hai eleccións'. 

📋 35 SOLICITUDES EN 15 PARROQUIAS NO QUE VAI DE 2022: O TRABALLO DE VILALBA ABERTA IGNORADO POLO GOBERNO MUNICIPAL 👇 

PARROQUIAS DE GOIRIZ E ROMÁN: 

✅ Vial que une Graduín e Fabás con Corbelle. 
✅ Vial que une Gomariz coas Touzas. 
✅ Vial que une a Mámoa coa Abelaira (Román) 
✅ Camiño de Pígara (zahorra e canalización) 

PARROQUIA DE CARBALLIDO: 

✅ Pista do Lugar da Pedreira. 
✅Pista de Lamelas 
✅ Pista de Pena Grande. 

 PARROQUIA DE VILAPEDRE 

✅ Vial que une Porto de Bois coa Fraga e o Pazo. 
✅ Vial que une a Carballeira e Rebordelo. 
✅ Vial que une o barrio de Sarela co Castro. 
✅ Vial que vai do barrio da Bouza ao de Vigo. 

PARROQUIA DE BELESAR 

✅ Acceso a Reboutas (zahorra) 
✅ Abrir pista que une Aldea a Penarredonda 
✅ Vial que sae a Cazás. 
✅ Vial de Cabanamille á altura do Campo. 

PARROQUIA DE RIOAVESO 

✅ Vial que vai a Román á altura da Pontiga. 

 PARROQUIA DE ALBA 

✅ Vial da Louseira ao paso pola parroquia. 
✅ Pista das Turbelas 

PARROQUIA DE CORBELLE 

✅ Camiño da Pontiga da Lousa (zahorra) 
✅ Camiño da Veiga (zahorra) 

PARROQUIA DE LANZÓS 

✅ Vial que vai do Picouto á Igrexa de Goiriz.
✅ Vial que vai da estrada de San Simón a Ladrela polo Curadoiro. 
✅ Acceso á charca (zahorra) 
✅ Vial que vai de Ramil ó Ribado. 

PARROQUIA DE SAN SIMÓN 

✅ Vial que une Cal con Vilardebín 
✅ Vial do Tarrelo 
✅ Vial de Pardasalbas (zahorra) 
✅ Vial de Vilaragonte 
✅ Vial que vai a Samarugo (200m en torno á Capela de San Adriano) 
✅ Vial que vai de Casanova ao Catadoiro (último tramo 20m) 

PARROQUIA DE SANCOVADE   

✅ Camiño que segue ao acceso ao Campo de Fútbol. 

PARROQUIA DE SANTABALLA

✅ Vial que une Fontepisón con Trastoi. 

ℹ Ademais, e nos últimos días, VA rexistrou sendas solicitudes de actuación en outros tres viais nas parroquias de ÁRBOL, DISTRIZ E TORRE.

#Vilalba
#VilalbaAberta #Parroquias
VA desmárcase de PSOE e PP e propón a xestión p VA desmárcase de PSOE e PP e propón a xestión pública da limpeza en colexios e instalacións municipais.

🔊 @modestorenda chama a reverter as privatizacións de PP e PSOE comezando por aqueles 'servizos de baixo volume de contratación'.

🔴 Dende VA non podemos máis que censurar a aposta do PSOE polo mesmo modelo de xestión privada do PP. Dous partidos, que comparten folla de ruta e responsabilidade, diante dunha serie de problemáticas de tipo laboral e de xestión interna,  denunciadas polo noso Grupo Municipal en ata tres ocasións no que vai de lexislatura. 

👉 E é por isto que lle lembramos á Alcaldesa que, a unha empresa que acumulaba xa tres meses de impagos no momento do vencemento do anterior contrato, o goberno do PSOE non só non lle retirou o servizo,senón que lle permitiu seguir prestándoo, malia incumprir claramente os pregos. 

As traballadoras e traballadores lémbrano ben, nós tamén e deses polvos estes lodos.

⏰ DA “SOLUCIÓN TRAGSA” Á XESTIÓN PÚBLICA PREVIA APROBACIÓN DA R.P.T. 👇

En Xullo do pasado ano, o Concello subscribiu coa Deputación Provincial un convenio en virtude do cal a empresa pública TRAGSA pasaba a facerse cargo do servizo. O goberno do PSOE acudía a tal procedemento como consecuencia da creba da anterior empresa concesionaria e fixábase a duración do contrato en seis meses, prorrogables a outros seis. Así, vencido o prazo e a prórroga, o contrato rematará o vindeiro 7 de Xullo. 

ℹ Unha solución de urxencia, que non é máis que a constatación do vergoñento retrato dunha empresa pública, que ten que saír ao rescate dun concello, o de Vilalba, en base á incapacidade do actual goberno e o anterior de asumir o fracaso da mesma xestión privada pola que seguen a apostar. 

É por isto que, fronte á incomprensible aposta dun Goberno Municipal, que, ó tempo que se proclama "progresista", persiste nunha modalidade de prestación pensada para beneficio dunhas concesionarias que actúan sen ningún tipo de mecanismo de control municipal, #Vilalba Aberta volve emerxer como alternativa ao bipartidismo vilalbés, vinculando o acontecido á aprobación da necesaria R.P.T (Relación de Postos de Traballo) coa xestión pública como prioridade.
VA pide explicacións ao PSOE polo arranxo do “m VA pide explicacións ao PSOE polo arranxo do “monumento aos caídos na santa cruzada” na parroquia de #Alba.

👉 A restauración incumpriría a lexislación vixente en materia de #MemoriaHistórica e debería requirir da autorización de Patrimonio e Camiño de Santiago. 

🔴 O noso Grupo Municipal pedirá explicacións ao goberno en relación coa reparación do panteón en "homenaxe aos caídos”, na parroquia de Alba.

ℹ Unha interpelación, que chega máis dun ano  despois de que o goberno do PSOE anunciara a bombo e pratos a catalogación de elementos que incumpran a lexislación en materia de Memoria Histórica, "paso previo para a súa retirada".

É por isto, que censuramos non só o mero feito de que non cumpran nin cos seus compromisos nin coa lexislación vixente, se non que, aínda por riba, permitan unha restauración ilegal que, por se fora pouco, non contaría coa preceptiva autorización de Patrimonio e Camiño de Santiago (ámbalas dúas obrigatorias e derivadas da súa ubicación).

⛔ INCUMPRIMENTO DA LEXISLACIÓN 👇

Dende VA lembramos, ademais, que segundo a Lei 52/2007, no seu artigo 15, “as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas da exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura.”

É por isto que instaremos ao goberno a cumprir a lei asumindo o compromiso, co fin de facer valer os principios de “verdade, xustiza e reparación”,

Ademais, denunciamos que, ao tempo que para o veciño/a de a pé todo son trabas, se fomente o mesmo urbanismo á carta do que durante anos fixeron gala os sucesivos gobernos do PP.
Ver máis... Síguenos en Instagram
Vilalba Aberta
© 2022, Vilalba Aberta. | Deseñado por EQUOS, Axencia Dixital
  • Participa Vilalba
  • Protección de Datos
  • Aviso Legal
  • Política de Cookies
Información Legal
Go to Top