Principios Políticos
- Compromiso co desenvolvemento industrial sustentable, coma base dun futuro en Vilalba para a veciñanza traballadora, a mocidade e a pequena e mediana empresa.
- Defensa dos dereitos laborais dos traballadores/as e aposta por medidas efectivas de conciliación.
- Nunca máis caciquismo. As mesmas oportunidades para todos os vilalbeses/as.
- Política tributaria progresiva e socialmente xusta coma apoio ás familias de vila e parroquias.
- Rexeneración do Concello e inmediato fin do despilfarro. Xestión transparente e optimizada do diñeiro público.
- Reparto equitativo dos recursos e investimentos entre o núcleo urbano e as parroquias.
- Política de ordenación territorial e urbanística ambientalmente sustentable, ao servizo do interese público xeral e en contra da especulación.
- Defensa dos servizos públicos municipais, evitando a privatización da súa xestión.
- Promoción da igualdade e a integración en todos os ámbitos, como garantía de convivencia e cohesión social.
- Compromiso coa laicidade e a lexislación vixente en materia de memoria histórica.
- Defensa e promoción activa da lingua, cultura e identidade galegas.
- Defensa dos dereitos dos animais e aposta decidida por políticas de protección e tenza responsable.
Principios Organizativos
Un dos principais sinais de identidade de Vilalba Aberta é a súa horizontalidade, onde a opinión de todas e todos conta por igual, e as decisións son tomadas en asemblea, como garantía de transparencia e democracia interna.
A asemblea, é o máximo órgano de decisión e está composto por todos os veciños e veciñas que se acheguen, tendo dereito a voz e voto independentemente se participan o non con asiduidade na mesma.
O grupo de coordinación, é o encargado de coordinar e impulsar o traballo da Asemblea, así como as áreas de traballo programático que así o precisen, e está composto por todos aqueles participantes da asemblea que así o desexen.
A comisión de finanzas encárgase do rexistro e a xestión do diñeiro previamente aprobada pola asemblea, e está composta polos participantes da asemblea a tal fin elixidos.
O grupo de voceiros/as é o encargado de poñer voz á asemblea nos medios de comunicación, coordinar o traballo nas redes sociais etc… Está formada tamén, por participantes elixidos entre a asemblea.
As áreas de traballo programático artéllanse en torno aos participantes da asemblea que conveñan en traballar sobre unha temática en concreto, a fin de dotar dunha maior profundidade á elaboración colectiva e aberta do noso Programa Electoral.