Nado hai 34 anos en Vilalba, a infancia de Modesto Renda transcorreu dacabalo entre a vivenda familiar da Rúa da Pravia e o veciño concello de Cospeito, onde residían os seus avós. Traballador na empresa privada, estudou Xeografía e Historia e o seu compromiso político comezou ao pouco de chegar á Universidade, onde se implicou activamente no movemento político xuvenil e estudantil.
Renda participa da asemblea de Vilalba Aberta dende a inaugural de marzo de 2015 e nas Municipais dese mesmo ano foi, con 26 anos, o Candidato máis novo á Alcaldía.
Oito anos nos que, da man do inxente traballo municipal, se erixiu como o azoute da xestión municipal de PP e PSOE, sendo especialmente relevante a súa pechada defensa dos intereses dos veciños/as das parroquias, dos autónomos e a súa aposta por medidas efectivas de conciliación para as familias traballadoras.
Logo do grande resultado de VA nas Eleccións Municipais de 2023, Modesto Renda converteuse no Vicealcalde do Concello de Vilalba e xestiona directamente as áreas de Urbanismo, Mobilidade, Ifraestruturas Rurais e Desenvolvemento Industrial.