A número 4 da lista de Vilalba Aberta nas pasadas Eleccións Municipais, Mónica González, tomou hoxe posesión da súa acta como concelleira en substitución de Tamara Rodríguez. Funcionaria de Correos, Mónica González é membro fundador de Vilalba Aberta e agora converteráse na nova responsable de Cultura do Concello de Vilalba, froito do acordo de goberno que asinamos co PSdeG en xullo de 2023.
Tanto o Vicealcalde e Voceiro Municipal de VA, Modesto Renda, como a nosa concelleira e responsable de Turismo, Comercio e Promoción da Língua, Mª Xosé Fernández, quixeron arroupala na que foi a súa primeira sesión como edil e desexáronlle o mellor na etapa que comeza.