O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe o remate dunha das obras máis agardadas por parte da veciñanza de Román. Un aparcadoiro público, de 1.970 metros cadrados de extensión, co que o Concello dará solución á situación de risco que se producía no barrio da Igrexa, cando os veciños se vían obrigados a estacionar os seus vehículos ao longo da estrada por non teren espazo suficiente para aparcarcamento nos días de máis afluencia ó Cemiterio, á Igrexa e á Casa Escola da parroquia.
Acompañado polos que serán os/as futuros usuarios, Renda explicou que a fórmula elixida foi #subvencionar nun 100% os 15.000€ que custou a obra e é por isto que agradeceu tanto á veciñanza como á entidade titular dos terreos sobre os que se asenta o aparcamento, isto é: a «Asociación de Veciños Santa Eulalia de Román», a súa «total e indispensable colaboración nestes meses.»
O Vicealcalde detallou tamén varios aspectos relativos á propia actuación, explicando que, ao desmonte do terreo nun espesor medio de 15 cm, lle seguiron os traballos de explanación e compactación para, finalmente, proceder a empresa adxudicataria coa subministración, estendido e compactado dunha capa de zahorra artificial de 0/25 e outros 15 cm de espesor totais