Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades das parroquias. Logo dunha comunicación coa Asociación Cultural e Recreativa Nausti, o noso Grupo Municipal vén de anunciar o rexistro dunha nova solicitude ao goberno demandando o arranxo de varios viais de titularidade municipal en Noche.
Así, e tal e como explicou o noso voceiro, Modesto Renda, VA defenderá a necesidade de actuar na intersección da pista da Igrexa coa estrada xeral (A Paloma) – Pista Caspepito a Rabilonga – Cruce casa Fermin – Escourido – Carraña a Outeiro -Cruce pista de Escourido.
Ademais, e ao tempo, solicitaremos tamén que se fagan as tajeas na pista da Bouza para a maquinaria pesada dos gandeiros da SAT, así como o arranxo do camiño de zahorra de Outeiro ás SAT para evitar o deterioro das pistas coa maquinaria.
OUTRAS REIVINDICACIÓNS DA VECIÑANZA
“Dende VA recordarémoslle á Alcaldesa a promesa que fixera sobre o financiamento por parte do Concello da instalación da auga no cemiterio parroquial” declarou Renda, logo de explicar que os veciños xa dispoñen dos permisos necesarios do Bispado e Patrimonio (Xunta de Galicia).
“Polo que nós sabemos, os veciños veranse na obriga de correr eles mesmos cos gastos e nese senso a iniciativa”, argumentou.
Por último, e de xeito complementario o voceiro de VA comprometeuse tamén cunha serie de melloras na parroquia “máis alá das descritas”, e que “tampouco tiveron contestación”, entre as que destacan a impermeabilización e pintado exterior da Casa Escola e a mellora no mantemento das tullas do Campo da Igrexa.