Contratación

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha pregunta á Alcaldía, de cara ao Pleno Ordinario desta tarde. Unha interpelación, que se suma ás 5 iniciativas presentadas polo noso Grupo Municipal en forma de moción, e cuxo obxectivo non é outro que o da obrigada transparencia ao respecto dos cambios de criterio do Goberno en minoría do PSOE en Vilalba, en relación coas bases reguladoras da contratación das brigadas forestais (Art.5º).

O pasado 6 de Xullo e a través das redes sociais municipais, o Concello de Vilalba facía públicas as bases reguladoras da contratación laboral temporal para os traballos de prevención e defensa contra incendios forestais durante un período de 3 meses. Un regulamento análogo ao de 2019, coa excepción do relativo ao procedemento de selección.

É por isto que requiriremos da Alcaldesa unha resposta, acerca de cales foron os criterios e motivacións obxectivas do antedito cambio de consideración, en relación co delimitado en 2019 no mesmo artigo.

Así mesmo, e en relación ao 5.1 (b), preguntaremos a que criterios e motivacións obxectivas responde a inclusión dunha puntuación de 0,075 por mes de traballo no réxime de traballadores por conta propia, autónomos, nos epígrafes 911 ou 912 de IAE, en tanto que aspecto non relacionado directamente co traballo a desenvolver.

Deixa unha resposta

O seu enderezo de correo electrónico non será publicado. Os campos obrigatorios están marcados con *

Deixar resposta