En Vilalba, en Galego. Así é o programa de Vilalba Aberta en materia lingüística

Proposta 1. Medidas transversais. Aposta institucional decidida pola inclusión promoción do galego. Un Goberno Municipal que saiba argumentar e contestar correctamente e dunha maneira clara e contundente os ataques e preconceptos que existen contra a lingua galega. Cómpre elaborarmos un novo discurso atraente e innovador en favor do uso do galego, a través do seguinte…

Así é o Programa de Vilalba Aberta en materia de tenza responsable e benestar animal

Proposta 1. Vincular a execución da nova fase do Polígono Industrial á construción dun Centro Municipal de Protección Animal, a fin da correcta recollida e atención temporal dos animais domésticos, xeralmente cans e gatos extraviados, abandonados ou vagabundos, ata a súa recuperación polos propietarios ou a súa entrega en adopción. A este respecto, dúas son…

Así é o Programa Electoral das Parroquias presentado por Vilalba Aberta de cara ás Municipais do 26 de Maio

Proposta 1. Descentralización administrativa, pola vía da posta en marcha dun sistema de asembleas semestrais de escoita e rendición de contas do Alcalde en cada unha das parroquias. O Goberno Municipal debe achegarse á veciñanza das parroquias do mesmo xeito que á veciñanza da vila e a veciñanza das parroquias debe ter a oportunidade de…

Vilalba Aberta anuncia unha auditoría externa e a redución nun 50% dos gastos de Goberno se chega ao Goberno Municipal

Vilalba Aberta segue presentar programa, abordando agora o relativo ao control de gasto e rexeneración. Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá, o noso Candidato á Alcaldía, Modesto Renda, situou a necesidade de “levantar as alfombras do Concello, pola vía dunha profunda rexeneración política e do inmediato fin do despilfarro”, coma unha das súas prioridades,…

“Agora Si”, o lema de Vilalba Aberta de cara ás Eleccións Municipais do 26 de Maio

Vilalba Aberta fixo público este martes o que será o seu lema para a campaña electoral das Municipais: “Agora Si”. María Xosé Fernández, acompañada das número 4, 6 e da primeira reserva da nosa candidatura: Mónica González, María Pérez e Iria Currás, respectivamente, foi a encargada de presentalo. Na rolda de prensa, celebrada nos xardíns…

Sistema gratuíto de lectura de discos de estacionamento na Rúa da Pravia. A proposta de Vilalba Aberta para regulala.

Antes da presentación do noso Programa Económico ao completo, seguimos a facer públicas as diferentes medidas e propostas que darán forma ao noso Programa, no relativo, tamén, a urbanismo e mobilidade. Tres días despois de presentar diante da veciñanza o noso Plan de Peonalización progresiva para a zona vella, vimos de anunciar unha nova proposta,…

Vilalba Aberta levará no programa un Plan de Peonalización da zona vella que escoita a residentes e comerciantes

Vilalba Aberta segue a presentar as diferentes propostas que darán forma ao seu Programa de cara ás Eleccións Municipais de Maio. Logo de comezar centrándonos no relativo ao desenvolvemento económico, emprego e emprendemento e antes da presentación do conxunto do noso programa económico, fixada para o vindeiro Luns; vimos de dar a coñecer a primeira…