Esiximos responsabilidades logo do fatal suceso acaecido no desguace que Baamonde asegurara “non ter actividade”

A asemblea de Vilalba Aberta emitiu o pasado venres unha comunicación de urxencia, logo do fatal accidente que tivo lugar no interior do mesmo desguace que o Alcalde asegurara non necesitar de ningún tipo de licenza por parte do Concello, ao non albergar xa actividade algunha. Un tráxico suceso que, entendemos, esixe da inmediata comparecencia do…

Chamamos á mobilización das veciñas e instamos ao Concello a secundar a folga do vindeiro 8M

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de rexistrar unha resolución de urxencia no Concello, co fin de esixir ao Goberno de Vilalba un total apoio institucional á folga feminista convocada a nivel mundial para este 8 de marzo, así como a todas as mobilizacións, accións e xustas reivindicacións do movemento feminista da antedita data…