Renda anuncia o vindeiro cambio de dirección da Rúa da Pravia co fin de favorecer ao comercio e hostalería locais

O Vicealcalde e responsable de mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, presentou hoxe os resultados e as conclusións do Estudo de Reordenación do Tráfico, encargado con vistas ao cambio do sentido circulatorio da Rúa da Pravia. Acompañando da responsable da empresa redactora, Silvia Pérez, Renda explicou que o máis destacado dos traballos de campo…

Modesto Renda escoitará aos veciños do casco urbano “rúa por rúa” tal e como xa viña facendo coas parroquias do rural

O Vicealcalde e responsable de Mobilidade, Modesto Renda, anunciou hoxe a súa decisión de replicar no casco urbano o que dende hai un ano ven facendo nas parroquias do rural vilalbés. Reunirse coa veciñanza “rúa por rúa”, expoñer o diñeiro co que conta o Concello e que sexan os propios veciños/as os decidan as prioridades.  …

Modesto Renda, Tamara Rodríguez e Mª Xosé Fernández presentan a programación do ciclo Emprazadas

O Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, e as concelleiras de Cultura e Turismo, Tamara Rodriguez e Mª Xosé Fernández, presentaron hoxe a programación de primaveira e verán da iniciativa Emprazadas. Unha decidida e ambiciosa aposta cultural para o Centro Histórico, que naceu complementaria do “Plan de Posta en Valor da Praza de Santa María». En…

Tamara Rodríguez valorou “moi positivamente” un FIV 2024 que trouxo grande retorno económico e aforro ás arcas municipais

A Concelleira de Cultura Tamara Rodríguez e mailo Director da promotora galega “I-radia Crea” Carlos Montilla fixeron balance da XVII Edición do FIV de Vilalba celebrada dende o venres ó sábado da pasada semana. O IMPACTO ECONÓMICO EN DATOS Cos abonos e as entradas esgotadas, o festival acolleu a case 6.000 persoas entre ámbalas dúas…

Renda anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para adxudicar 6 parcelas de uso industrial

O Vicealcalde e responsable de Urbanismo, Modesto Renda, anunciou hoxe a apertura do proceso de adxudicación directa das parcelas de titularidade municipal adquiridas polo Concello no marco do plan de ampliación de Entrepinares. O Goberno Local toma de novo a iniciativa e faino logo de que as dúas últimas poxas quedaran desertas ao non cumprir…

Modesto Renda destinou máis de 500.000 euros ao rural dende que asumiu a vicealcaldía

O Concello de Vilalba, a través da área de Infraestruturas Rurais que xestiona directamente o vicealcalde Modeso Renda, investiu un total de 520.104 euros no rural dende o inicio deste mandato. Do total, preto de 400.000 euros proveñen na súa totalidade de fondos municipais e con eles finaciouse a mellora e a rexeneración completa de ata 26…

Vilalba Aberta apoia ós gandeiros/as e reclama “prezos xustos e reducción da carga burocrática ás explotacións”

Vilalba Aberta fixo público hoxe o seu “total apoio” ás reivindicacións do sector agrogandeiro. A formación municipalista convértese deste xeito na primeira organización política vilalbesa en secundar os postulados do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) e Unións Agrarias (UUAA) e demandar das administracións públicas a nivel galego, estatal e europeo…

Modesto Renda presenta un proxecto de recostrucción integral da Ponte da Ribeira que une Samarugo e San Simón

O Vicealcalde e responsable de infraestruturas rurais Modesto Renda explicou hoxe en Samarugo o proxecto de reconstrucción da Ponte da Ribeira que o Concello de Vilalba remitirá á Confederación Hidrográfica – Miño Sil, así como á Dirección Xeral de Patrimonio para poder dar inicio ás obras. Un traballo de meses de planificación que, cando as…

Renda anuncia a saída á venda das parcelas que o Concello ten no Polígono para favorecer a implantación de empresas

O responsable de Desenvolvemento Industrial e Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe a saída á venda das 6 parcelas de titularidade municipal, correspondentes ao plan de ampliación de Entrepinares. Acompañado polo Presidente da Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes, Renda deu conta das modificacións efectuadas no prego de bases do concurso en relación co anterior proceso de poxa, deixando claro…