Vilalba Aberta advirte que os pasos provisionais da rúa da Pravia non son accesibles a cadeiras de rodas

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova solicitude de cara ao Pleno Ordinario de Novembro. O obxectivo? Garantir a correcta mobilidade dos veciños/as dependentes e/ou con mobilidade reducida durante o tempo que duren as obras na rúa da Pravia. Así o confirmou o noso voceiro municipal, Modesto Renda, logo de contrastar…

Vilalba Aberta propón eximir do ICIO ás obras de eficiencia enerxética e eliminación de barreiras arquitectónicas

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta levará ao pleno de Novembro unha proposta de modificación da Ordenanza Fiscal nº 4. O obxectivo? Eximir do pagamento do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) a aqueles veciños/as que aposten por instalacións de enerxías renovables nas súas vivendas ou edificios. Unha nova iniciativa  que, tal e como…

Vilalba Aberta denunciará a non peonalización da Praza de Santa María cun concurso fotográfico

Dende o seu nacemento coma formación política municipal, Vilalba Aberta comprometeuse publicamente en varias ocasións coa necesidade de peonalizar a Praza de Santa María. Un espazo ao que cualificamos de “Parking“, na liña do que moitos veciños/as consideran, ao estar actualmente ateigada de coches a praza máis fermosa de Vilalba, situada no corazón do casco…

Modesto Renda reúnese coa xerencia de Gourmet Otero e comprométese a levar a Pleno a parálise municipal

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, reuniuse este luns coa xerencia da cárnica local Gourmet Otero co fin de trasladarlle o apoio e compromiso do noso Grupo Municipal diante da situación de demora nos permisos de reconstrucción, da que responsabilizou ao goberno de Vilalba. A empresa, antiga Francisco Otero e con sede na parroquia…

Vilalba Aberta levará a Pleno as demandas dos veciños/as da Travesía Avda. Terra Chá Primeira

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades da veciñanza. Logo dunha xuntanza coas representantes da Comunidade de Veciños Avda. Terra Chá 82/84, o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretenden dar resposta ás demandas dos seus residentes, pola vía da renovación e mellora do calexón que da acceso ao…

Renda censura que o goberno do PSOE teña paralizado o PXOM “igual que facía o PP”

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, denunciou hoxe diante a prensa a “parálise administrativa” en relación coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por parte do goberno do PSdeG no Concello de Vilalba. Unha interpelación pública que, tal e como explicou, chega logo de “20 meses de inacción municipal”, ao respecto dun…

Vilalba Aberta levará a Pleno o soterramento gradual do cableado das fachadas comezando polas do casco histórico

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa de cara ao vindeiro Pleno Ordinario de Setembro. Unha proposición, que o noso voceiro municipal, Modesto Renda, anunciou xa que defenderá acompañada dunha interpelación á Alcaldesa e ao voceiro e ex alcalde do PP de Vilalba, Agustín Baamonde, en relación co destino das subvencións para a renovación…

Rexistramos unha petición de dimisión contra o Alcalde por mentir ao respecto da nave de Sancovade

Vilalba Aberta, en votación de urxencia da súa asemblea, aprobou por unanimidade a presentación dunha moción de reprobación contra o Alcalde, Agustín Baamonde, a fin de defendermos no vindeiro Pleno unha petición en firme de dimisión tanto ao rexedor coma ao responsable de urbanismo no Goberno de Vilalba. Unha decisión, que atopa explicación na nosa…

Levaremos ao Alcalde á xustiza se non fai entrega do conxunto da documentación en relación á nave de Sancovade

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de presentar unha resolución de urxencia no Concello, coma consecuencia á total ausencia de resposta á solicitude que, hai aproximadamente un mes, esixíamos por rexistro en relación á nave/desguace de Sancovade e na que se requiría por escrito a entrega de todo canto no último ano entrou e…