Vilalba Aberta incorpora a pista de Barbeitas (Sancovade) á lista de vías a arranxar que proporá ao goberno

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades das parroquias. Logo dunha visita a Sancovade, o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretende dar resposta ás demandas dos veciños/as, pola vía do arranxo do vial municipal coñecido como Pista de Barbeitas.    O tramo, que conecta o barrio do mesmo nome…

Vilalba Aberta denunciará a non peonalización da Praza de Santa María cun concurso fotográfico

Dende o seu nacemento coma formación política municipal, Vilalba Aberta comprometeuse publicamente en varias ocasións coa necesidade de peonalizar a Praza de Santa María. Un espazo ao que cualificamos de “Parking“, na liña do que moitos veciños/as consideran, ao estar actualmente ateigada de coches a praza máis fermosa de Vilalba, situada no corazón do casco…

Vilalba Aberta levará ao pleno as reivindicacións dos gandeiros/as de vacún de carne

Vilalba Aberta segue a tomar a iniciativa de cara ao Pleno Ordinario de Setembro. Así, o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha proposta de declaración institucional coa que pretende facer súas as demandas dos gandeiros/as de vacún de carne, en tanto que “un dos sectores máis afectados pola subida de insumos.” Denuncian que sexa…

Modesto Renda reúnese coa xerencia de Gourmet Otero e comprométese a levar a Pleno a parálise municipal

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, reuniuse este luns coa xerencia da cárnica local Gourmet Otero co fin de trasladarlle o apoio e compromiso do noso Grupo Municipal diante da situación de demora nos permisos de reconstrucción, da que responsabilizou ao goberno de Vilalba. A empresa, antiga Francisco Otero e con sede na parroquia…

Vilalba Aberta volve reclamar novas paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias

Vilalba Aberta segue a tomar a iniciativa de cara ao Pleno Ordinario de Setembro. Así, o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha proposta coa que pretende facer súas as demandas das familias do rural vilalbés, en relación co necesario incremento da dotación de paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias. Unha moción,…

Vilalba Aberta levará a pleno o arranxo de 9 pistas en Oleiros, Vilapedre, Noche, Belesar, Mourence e Boizán.

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa. Logo de acadar un traballado acordo co goberno por valor de 900.000€ para a mellora da rede viaria en 21 parroquias, o noso Grupo Municipal vén de anunciar que levará a Pleno unha nova proposta de incorporación de crédito en beneficio daquelas que quedaron fóra. Deste xeito, proporase a…

Vilalba Aberta acada un acordo co goberno para a mellora de pistas en 21 parroquias por valor de 904.042,59€

O Grupo de Goberno do Concello de Vilalba e o Grupo Municipal de Vilalba Aberta veñen de asinar un acordo que subscribe a votación favorable no pleno do vindeiro xoves para a incorporación de remanentes de tesourería. O obxectivo? Financiar unha serie de actuacións consensuadas por ámbalas dúas forzas políticas e que posibilitarán a mellora…

Vilalba Aberta propón traer a Vilalba as F.P de Agraria e Procesos e Calidade na Industria Alimentaria

Os edís de Vilalba Aberta, Modesto Renda e Mª Xosé Fernández, presentaron hoxe unha nova iniciativa, a fin da implantación en Vilalba de dous novos ciclos de formación profesional, isto é; o curso F.P de Agraria e o de Procesos e Calidade na Industria Alimentaria. A proposta, que insta ao Concello a elevar unha solicitude…