Vilalba Aberta reúnese con veciños/as de Sancovade para escoitar e recoller as súas demandas

Vilalba Aberta segue sumando parroquias ao seu proceso de escoita no rural. Despois de visitar o barrio de Bordelle (Santaballa), a formación municipalista achegouse este martes a Sancovade co obxectivo de recoller as demandas da parroquia. O deficiente estado da rede viaria municipal centrou a xuntanza. Así, a veciñanza presente lamentou o estado de degradación…