Modesto Renda presenta un proxecto de recostrucción integral da Ponte da Ribeira que une Samarugo e San Simón

O Vicealcalde e responsable de infraestruturas rurais Modesto Renda explicou hoxe en Samarugo o proxecto de reconstrucción da Ponte da Ribeira que o Concello de Vilalba remitirá á Confederación Hidrográfica – Miño Sil, así como á Dirección Xeral de Patrimonio para poder dar inicio ás obras. Un traballo de meses de planificación que, cando as…

Renda anuncia a saída á venda das parcelas que o Concello ten no Polígono para favorecer a implantación de empresas

O responsable de Desenvolvemento Industrial e Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe a saída á venda das 6 parcelas de titularidade municipal, correspondentes ao plan de ampliación de Entrepinares. Acompañado polo Presidente da Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes, Renda deu conta das modificacións efectuadas no prego de bases do concurso en relación co anterior proceso de poxa, deixando claro…

Renda impulsa un convenio para a protección da legalidade urbanística que podería reportar 30.000€ anuais ao Concello

O Pleno de Vilalba ratificou onte a proposta do Vicealcalde e responsable de Urbanismo, Modesto Renda, relativa á adhesión do Concello ao convenio interadministrativo coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), en virtude da cal o Concello de Vilalba delega as súas competencias en materia de inspección, supervisión, sanción e reposición da legalidade urbanística.…

Así é “Emprazadas”: A proposta cultural que complementará o plan piloto de peonalización da Praza de Santa María

O Vicealcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda e a concelleira de Cultura Tamara Rodriguez presentaron hoxe a iniciativa “Emprazadas.” Unha “decidida e ambiciosa aposta cultural para o centro histórico”, que nace complementaria do Plan de Posta en Valor da Praza de Santa María. EN QUE CONSISTE A INICIATIVA? Tal e como explicaron, trátase dunha…

O Vicealcalde Modesto Renda anuncia un investimento de 378.245,81€ nas parroquias de aquí a final de ano

O Concello de Vilalba investirá un total de 378.245,81€ nas parroquias nos próximos tres meses. Así o anunciou o Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda nunha rolda de prensa convocada coincidindo co remate das festas de San Ramón e Santa María. A inversión, procedente na súa totalidade de fondos propios do Concello, permitirá acometer…

A primeira medida de Renda como Vicealcalde: Escoitar “parroquia a parroquia” e que os veciños decidan as prioridades

“O meu xeito de traballar no rural será reunirme coa veciñanza “parroquia a parroquia”, expoñer o diñeiro co que se conta no Concello e que sexan os veciños/as os decidan as prioridades”. Así resumiu o novo Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, a súa primeira medida como responsable de obras no rural. Unha iniciativa pioneira que,…

VA cogobernará Vilalba dende a Vicealcaldía e xestionará urbanismo, infraestruras rurais, cultura, turismo e comercio

Vilalba Aberta cogobernará o Concello de Vilalba. Así o anunciou no día de hoxe o seu voceiro e Candidato á Alcaldía, Modesto Renda, no acto de presentación do Grupo Municipal da formación para o mandato 2023-2027. “Hoxe poñemos fin a unha rolda de contactos que levou a Vilalba Aberta a falar coas tres formacións políticas…