VA cogobernará Vilalba dende a Vicealcaldía e xestionará urbanismo, infraestruras rurais, cultura, turismo e comercio

Vilalba Aberta cogobernará o Concello de Vilalba. Así o anunciou no día de hoxe o seu voceiro e Candidato á Alcaldía, Modesto Renda, no acto de presentación do Grupo Municipal da formación para o mandato 2023-2027. “Hoxe poñemos fin a unha rolda de contactos que levou a Vilalba Aberta a falar coas tres formacións políticas…

O acordo que VA acadou co goberno comeza a executarse co arranxo de 17 pistas por valor de 300.000€

Sae a licitación a renovación dos primeiros accesos e vías nas parroquias, froito do último acordo entre o Goberno e VA. Un desbloqueo “máis que fundamental en materia de investimentos” en palabras do noso voceiro, Modesto Renda, quen lembrou que, sen este acordo “o Concello non tería apenas marxe para executar” (as contas continúan prorrogadas…

Vilalba Aberta acada un acordo co goberno para a mellora de pistas en 21 parroquias por valor de 904.042,59€

O Grupo de Goberno do Concello de Vilalba e o Grupo Municipal de Vilalba Aberta veñen de asinar un acordo que subscribe a votación favorable no pleno do vindeiro xoves para a incorporación de remanentes de tesourería. O obxectivo? Financiar unha serie de actuacións consensuadas por ámbalas dúas forzas políticas e que posibilitarán a mellora…

Vilalba Aberta promove unha declaración institucional en apoio a transportistas, gandeiros e familias traballadoras

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta levará ao vindeiro Pleno do Concello unha proposta de declaración institucional en apoio aos sectores do transporte e agrogandeiro. O noso obxectivo é que os tres partidos con representación municipal  (PSOE, PP e VA) se unan no rotundo rexeitamento á parálise das institucións diante da insostible escalada de prezos…

Vilalba Aberta acada un novo acordo co goberno que desbloquea o pago a provedores

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de asinar un novo acordo co goberno en minoría do PSOE. O documento, que desbloquea o pago a provedores, ratificouse nun Pleno Extraordinario no que ámbalas dúas formacións políticas votaron favorablemente á modificación do orzamento vixente (2019) a través da modalidade de suplemento de crédito, incorporando un total…

O acordo que acadou Vilalba Aberta co Goberno: Arredor de 800.000€ ás parroquias en investimentos

Sae a licitación a renovación dos primeiros accesos vías de parroquias froito do acordo entre o Goberno e VA. Un desbloqueo máis que fundamental en materia de investimento pois, sen este acordo, o Concello non tería apenas marxe para executar (as contas continúan prorrogadas dende o último ano do PP) o que se traduciría nun…

Vilalba Aberta acada un novo acordo co goberno que asegura as subvencións nominativas da anualidade

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta asinou este xoves un novo acordo co goberno en minoría do PSOE, co obxectivo de asegurar a inmediata tramitación do conxunto de subvencións nominativas correspondentes á presente anualidade. En concreto, destinaranse 308.400€ a apoiar as actividades das entidades sociais, veciñais, empresariais, educativas, culturais e deportivas nas que participan milleiros…

Vilalba Aberta asina co Goberno un acordo por valor de 1.414.544,07€ para financiar as axudas a autónomos, mellorar as vías do rural e a accesibilidade no núcleo urbano

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta e o Grupo de Goberno no Concello de Vilalba (PSOE) veñen de asinar un acordo que subscribe a votación favorable no pleno extraordinario que se celebrará mañá, xoves 5 de agosto, para a incorporación de remanentes de tesourería co obxectivo de financiar unha serie de actuacións consensuadas por ambas…