Renda recolle as demandas dos veciños/as de Basanta Silva e a Rúa será realmente peoníl a partires de 2025

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a vindeira regulación do tráfico na Rúa Basanta Silva  a fin de que sexa realmente peoníl. Unha agardada medida, que se fará efectiva no primeiro trimestre de 2025 e que se tomou logo de contrastar cos/as residentes as diferentes posibilidades para a rúa. A través dunha concorrida xuntanza, o…

Modesto Renda anuncia a habilitación de dous aparcadoiros públicos para camións e plataformas no Polígono

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a habilitación de 11.952 m2 de aparcadoiro público para vehículos de alta tonelaxe, repartidos en dúas explanadas de titularidade municipal no Polígono. Unha medida que se completa coa habilitación doutra parcela municipal de 1.487 m2 destinada a aparcadoiro de turismos. Acompañado polo Presidente da Asociación de Empresarios de Vilalba,…

O cambio de sentido da Rúa da Pravia faise efectivo con nomalidade coa colaboración da veciñanza

Este sábado fíxose efectivo o anunciado cambio do sentido circulatorio da Rúa da Pravia. O Vicealcalde e responsable de Mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, acompañou dende as horas previas aos axentes da Policía Local e, logo de contrastar a actuación coa veciñanza a pé de rúa, puxo en valor o “civismo e total…

Renda anuncia o vindeiro cambio de dirección da Rúa da Pravia co fin de favorecer ao comercio e hostalería locais

O Vicealcalde e responsable de mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, presentou hoxe os resultados e as conclusións do Estudo de Reordenación do Tráfico, encargado con vistas ao cambio do sentido circulatorio da Rúa da Pravia. Acompañando da responsable da empresa redactora, Silvia Pérez, Renda explicou que o máis destacado dos traballos de campo…

Modesto Renda escoitará aos veciños do casco urbano “rúa por rúa” tal e como xa viña facendo coas parroquias do rural

O Vicealcalde e responsable de Mobilidade, Modesto Renda, anunciou hoxe a súa decisión de replicar no casco urbano o que dende hai un ano ven facendo nas parroquias do rural vilalbés. Reunirse coa veciñanza “rúa por rúa”, expoñer o diñeiro co que conta o Concello e que sexan os propios veciños/as os decidan as prioridades.  …

Así é “Emprazadas”: A proposta cultural que complementará o plan piloto de peonalización da Praza de Santa María

O Vicealcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda e a concelleira de Cultura Tamara Rodriguez presentaron hoxe a iniciativa “Emprazadas.” Unha “decidida e ambiciosa aposta cultural para o centro histórico”, que nace complementaria do Plan de Posta en Valor da Praza de Santa María. EN QUE CONSISTE A INICIATIVA? Tal e como explicaron, trátase dunha…

A zona azul gratuíta será unha realidade grazas á aprobada iniciativa de Vilalba Aberta

O modelo de oposición en positivo de Vilalba Aberta segue a dar resultados. Logo de desbloquear as axudas a autónomos, a tramitación das subvencións nominativas e arrincar do goberno un investimento de arredor de 800.000€ nas parroquias, o noso Grupo Municipal vén de acadar outro dos seus obxectivos centrais da lexislatura, isto é: a posta…

Vilalba Aberta propón un convenio co IGVS para a cesión das prazas de aparcamento non adxudicadas nas Pedreiras

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario unha iniciativa encamiñada a dar resposta ás demandas da veciñanza, en relación coa necesidade de espazos para o aparcamento no casco urbano. Unha primeira proposta, focalizada na procura de alternativas de estacionamento para os veciños/as residentes da zona vella que, tal e como se apunta dende o noso…

Vilalba Aberta propón unha zona azul gratuíta para regular o estacionamento na Rúa da Pravia e Plácido Peña

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de presentar a primeira das súas iniciativas de cara ao Pleno Ordinario de Maio. Unha fórmula de control, encamiñada á regulación do estacionamento na Rúa da Pravia e Plácido Peña, que procura a necesaria mobilidade a través dun sistema gratuíto de lectura de discos – utilizado xa noutros…

Vilalba Aberta levará a Pleno as demandas dos/as comerciantes da Rúa Plácido Peña

Vilalba Aberta vén de anunciar que fará súas as reivindicacións dos e das comerciantes da Rúa Plácido Peña, a fin dunha correcta sinalización da, outrora, Avenida e na procura de respostas diante da recente solicitude veciñal, en relación coa instalación dun banco ao inicio da súa beirarrúa dereita, baixando dende a Rúa da Pravia. Pola…