Instamos ao Concello a actuar diante das deficiencias na sinalización viaria do Polígono

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar o rexistro dunha unha nova iniciativa – a debater no Pleno Ordinario deste xoves – co obxectivo dunha solución integral ás continuadas problemáticas relativas á deficiente sinalización viaria no Polígono Industrial de Sete Pontes. Tal e como denunciamos na comunicación que hoxe remitimos á prensa, no…

Levaremos ao Pleno a mellora do firme da Rúa do Lameirón na saída cara a de Ribadeo

Dende a asemblea de Vilalba Aberta trasladaremos ao vindeiro Pleno Ordinario de Marzo as reivindicacións dos veciños/as da Rúa do Lameirón, relativas ás continuadas deficiencias no estado do seu firme. Un calexón, cuxa saída cara a Rúa de Ribadeo padece inverno tras inverno as consecuencias das primeiras augas e a continuada aparición de fochancas producidas…

Presentamos unha proposta de cobertura municipal co fin de garantir as liñas de autobús suprimidas pola Xunta

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar a nosa derradeira iniciativa, a defender no vindeiro Pleno Ordinario de Novembro. Unha decidida resposta á inacción do Goberno Municipal, logo de que Xunta de Galicia implantase, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a última fase do seu Plan de Transporte co cese na…