Nadia Río. Moza agricultora e novo membro de Vilalba Aberta: “Hai futuro no rural para a muller”

Hai dous anos que Nadia Rio (29 anos e veciña de Carballido) apostou por emprender no rural. A pesares dos momentos baixos, asegura sentir unha “grata satisfacción” por poder quedar onde naceu e seguir co traballo dos seus avós. Hoxe, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, únese ao proxecto de Vilalba Aberta…

Vilalba Aberta propón as antigas vivendas de mestres para acoller refuxiados da guerra na Ucraína

Vilalba Aberta presentou hoxe a súa quinta iniciativa de cara Pleno Ordinario do mes de Marzo. Unha nova proposta aos grupos, que se enmarca no contexto da crise humanitaria consecuencia do conflicto na Ucraína e cuxo obxectivo é que o Concello de Vilalba “contribúa dende o limitado das súas capacidades” na acollida e protección das…

Permutas voluntarias de terras agrícolas entre particulares: O proxecto de Vilalba Aberta para pór a producir o rural

Vilalba Aberta volverá levar a Pleno o seu proxecto para a reorganización da propiedade rural a través de permutas. A iniciativa, rexistrada por primeira vez en xullo de 2021 – mais completamente ignorada polo goberno municipal – pretende mellorar a rendibilidade da superficie agrícola do municipio e subvencionaría ata un 75% dos gastos notariais a…