Vilalba Aberta esixirá analíticas e compensacións en base ao estado da auga da traída en varias rúas do casco urbano

Vilalba Aberta vén de anunciar que levará ao vindeiro Pleno Ordinario a problemática relativa ao deplorable estado co que a auga da traída volve chegar a determinadas rúas de Vilalba. Un asunto, que cualificamos de estrutural, pois non é esta a primeira vez que na Avenida Terra Chá, na Rúa do Muiño ou en Plácido…

Vilalba Aberta reclámalle ao Goberno que asuma as súas responsabilidades co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía

Vilalba Aberta levará ao Pleno Ordinario de Setembro a inaceptable situación que se deriva do total deixamento de funcións do Concello, ao respecto das súas responsabilidades co MUPAV (Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba). Unha realidade, que cualificamos de insostible e que, tal e como denunciou na mañá de hoxe o noso voceiro municipal,…

Parroquias, autónomos e familias: As liñas coas que Vilalba Aberta urxe ao PSOE a presentar os orzamentos

Vilalba Aberta segue a facer presión de cara á urxente aprobación duns Orzamentos Municipais para a presente anualidade. Logo da nosa interpelación ao Goberno Municipal no pasado Pleno Ordinario de Xullo, o noso Grupo Municipal vén de anunciar que solicitará a remisión do proxecto de orzamento que estaba en marcha antes da ruptura do pacto…

Vilalba Aberta pregunta polos cambios nas bases reguladoras da contratación das brigadas forestais

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha pregunta á Alcaldía, de cara ao Pleno Ordinario desta tarde. Unha interpelación, que se suma ás 5 iniciativas presentadas polo noso Grupo Municipal en forma de moción, e cuxo obxectivo non é outro que o da obrigada transparencia ao respecto dos cambios de criterio do Goberno en minoría do…

Vilalba Aberta censura que o PSOE pretenda gobernar cos Orzamentos do PP por “deixadez” do equipo de goberno

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, denunciou na mañá de hoxe a “incapacidade e total falta de planificación e organización interna” do Goberno en minoría do PSOE en Vilalba. A través dunha rolda de prensa á que acudiron varios membros do grupo de coordinación de Vilalba Aberta, ademais da edil vicevoceira do noso Grupo…

Vilalba Aberta celebrará o 25X poñendo como exemplo a xestión municipal de Muras, Ribadeo e a Pastoriza

Vilalba Aberta vén de anunciar a celebración dunha nova entrega da súa xeira Conversas Abertas. Unha palestra programada para ás 17h deste venres día 24 de Xullo que, enmarcada na xornada de reivindicación do 25X, se emitirá “por responsabilidade” en directo a través de Facebook Live e pola vía do directo de Instagram. O coloquio,…

Vilalba Aberta pide investir nas parroquias a totalidade dos fondos do Canon Eólico no que resta de lexislatura

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario que a aplicación orzamentaria do Fondo de Compensación Ambiental – que financia o Canon Eólico – reverta directamente nas parroquias, a partires da vindeira anualidade. Unha proposta, que definimos como prioritaria, de xustiza e de consenso, con vistas ao que resta de lexislatura 2019/23” e que tal e…

Vilalba Aberta propón un sistema municipal de cheques para a conciliación como medida de apoio ás familias traballadoras

Vilalba Aberta vén de presentar a que será a primeira das súas iniciativas de cara ao Pleno Ordinario de Xullo. Un sistema municipal de cheques axuda para a conciliación, como medida de apoio para as familias traballadoras que, do mesmo xeito que aconteceu coa aprobada proposta de Programa Municipal de axudas directas a autónomos e…

Vilalba Aberta recrimina ao Goberno que inicie “capada” a súa proposta de reordenación urbana saltándose o acordado en Pleno

Vilalba Aberta volveu este xoves á sede da Asociación de Empresarios Sete Pontes, logo da súa xuntanza do pasado luns co comercio asociado. O motivo, un novo encontro, desta volta coa representación da súa sección de hostalería, a fin de escoitar e recoller de primeira man as problemáticas do sector, así como as que, nomeadamente,…