Renda ao PSOE: “Cada día sen orzamentos é un día perdido para autónomos, parroquias e o conxunto da veciñanza”

Vilalba Aberta segue a facer presión diante da inacción municipal, en relación coa necesaria aprobación duns Orzamentos Municipais. Unhas novas contas, que tal e como explicou o noso voceiro municipal, Modesto Renda, son “inaprazables”, en tanto que “das mesmas dependen dende as políticas para autónomos ata as inversións comprometidas nas parroquias, pasando pola licitación de…