Consulta aquí a proposta de Vilalba Aberta ao PSOE para un acordo de Orzamentos

I. AUTÓNOMOS E EMPRESAS   1. Inmediata posta en marcha do Plan Municipal de Axudas Directas autónomos e empresas. Actuar de xeito inmediato diante das consecuencias derivadas da crise económica provocada pola aparición da COVID-19, outorgando liquidez aos traballadores autónomos e pemes locais, contribuíndo a facilitar o cumprimento dos seus deberes empresariais, axudar ao seu…

Vilalba Aberta toma a iniciativa e ofrece ó PSOE un pacto para aprobar os Orzamentos

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa. 24 horas despois da celebración do Pleno Ordinario, o noso Grupo Municipal presentou un documento base para un acordo orzamentario que remate coa inacción do Goberno en minoría do PSOE ao respecto dos grandes temas do Concello. En concreto, Vilalba Aberta ofrécelle ao goberno socialista un acordo de mínimos…

Renda ao PSOE: “Cada día sen orzamentos é un día perdido para autónomos, parroquias e o conxunto da veciñanza”

Vilalba Aberta segue a facer presión diante da inacción municipal, en relación coa necesaria aprobación duns Orzamentos Municipais. Unhas novas contas, que tal e como explicou o noso voceiro municipal, Modesto Renda, son “inaprazables”, en tanto que “das mesmas dependen dende as políticas para autónomos ata as inversións comprometidas nas parroquias, pasando pola licitación de…

Parroquias, autónomos e familias: As liñas coas que Vilalba Aberta urxe ao PSOE a presentar os orzamentos

Vilalba Aberta segue a facer presión de cara á urxente aprobación duns Orzamentos Municipais para a presente anualidade. Logo da nosa interpelación ao Goberno Municipal no pasado Pleno Ordinario de Xullo, o noso Grupo Municipal vén de anunciar que solicitará a remisión do proxecto de orzamento que estaba en marcha antes da ruptura do pacto…

Vilalba Aberta censura que o PSOE pretenda gobernar cos Orzamentos do PP por “deixadez” do equipo de goberno

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, denunciou na mañá de hoxe a “incapacidade e total falta de planificación e organización interna” do Goberno en minoría do PSOE en Vilalba. A través dunha rolda de prensa á que acudiron varios membros do grupo de coordinación de Vilalba Aberta, ademais da edil vicevoceira do noso Grupo…

Vilalba Aberta denuncia o “debate farsa” dos Orzamentos e desmárcase da “trampa na que o Goberno converteu a votación”

Vilalba Aberta desmarcouse da votación dos Orzamentos, celebrada onte en sesión extraordinaria na Casa Consistorial. Precedida dunha acción de protesta á entrada do Pleno na que se puideron ler lemas tales coma “Orzamentos da imposición”, “Transparencia” ou “Desinformación”, a nosa decisión chega logo da nosa denuncia, relativa á intencionada falta de planificación do Goberno Municipal,…

Vilalba Aberta denuncia “opacidade” e “falta de seriedade” no proceso de aprobación dos Orzamentos

As reaccións ao anuncio do Alcalde, relativo á previsión municipal dun Pleno Extraordinario de aprobación dos Orzamentos para esta semana, non se fixeron agardar. E foi de novo Vilalba Aberta, e a través dun comunicación á prensa, a primeira en pronunciarse. Denunciamos a absoluta falta de planificación e criticamos que se pretenda aprobar o instrumento…