Parroquias, autónomos e familias: As liñas coas que Vilalba Aberta urxe ao PSOE a presentar os orzamentos

Vilalba Aberta segue a facer presión de cara á urxente aprobación duns Orzamentos Municipais para a presente anualidade. Logo da nosa interpelación ao Goberno Municipal no pasado Pleno Ordinario de Xullo, o noso Grupo Municipal vén de anunciar que solicitará a remisión do proxecto de orzamento que estaba en marcha antes da ruptura do pacto…