Renda ao PSOE: “Cada día sen orzamentos é un día perdido para autónomos, parroquias e o conxunto da veciñanza”

Vilalba Aberta segue a facer presión diante da inacción municipal, en relación coa necesaria aprobación duns Orzamentos Municipais. Unhas novas contas, que tal e como explicou o noso voceiro municipal, Modesto Renda, son “inaprazables”, en tanto que “das mesmas dependen dende as políticas para autónomos ata as inversións comprometidas nas parroquias, pasando pola licitación de…

Renda pide escoitar ao persoal da residencia de maiores co fin de pór “luz e taquígrafos” sobre a xestión do gromo

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, vén de solicitar por escrito á Alcaldesa que a testemuña dos traballadores/as da Residencia de Persoas Maiores de Vilalba sexa tida en conta, no marco do informe da xestión requirido ao Padroado da institución en relación co inicio do gromo de máis de cen persoas contaxiadas da Covid.…

Vilalba Aberta propón a instalación dunha carpa a carón do Centro de Saúde co fin de resgardar a veciñanza e usuarios

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova solicitude, co fin de instar ao equipo de goberno local á instalación dunha carpa nas inmediacións do Centro de Saúde. Unha proposta que, de levarse a cabo, permitiría resgardarse do frío e da choiva aos veciños/as e usuarios que teñan que gardar quenda a…

Vilalba Aberta urxe á firma dun convenio coa Deputación que financie o Centro de Día “na presente lexislatura”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de anunciar que levará a Pleno unha nova iniciativa, coa que pretende urxir ao actual goberno en minoría do PSOE en Vilalba a solicitar da Deputación Provincial a firma dun convenio de colaboración que asegure o financiamento do necesario Centro de Día e posibilite a súa apertura na…

Vilalba Aberta urxe á convocatoria dunha comisión de seguimento do Covid “plural e con presenza da oposición”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta compareceu hoxe de urxencia, co obxectivo de reclamar da Alcaldesa a inmediata reactivación da Comisión Municipal de seguimento da Covid.  Unha a solicitude, rexistrada xa na sede electrónica do Concello, e a través da que se reivindica a “urxente convocatoria” dunha comisión, constituída por decreto da Alcaldía no pasado mes…

Vilalba Aberta esixirá axudas directas a autónomos para apoiar uns orzamentos “que non poden agardar máis”

Logo da posta en marcha dun proceso de participación veciñal, a fin de “urxir á necesaria negociación” ao goberno en minoría; Vilalba Aberta segue a facer bandeira da necesidade de que o Concello de Vilalba teña, ao fin, uns Orzamentos Municipais que contemplen a situación económica post covid e se conciban superadores dos prorrogados e…

Vilalba Aberta censura a falta de seriedade do Goberno co comedor da Escola Infantil

Vilalba Aberta vén de anunciar que esixirá responsabilidades, en relación cos continuados incumprimentos do equipo de goberno municipal ao respecto do prometido ás nais e pais da Escola de Educación Infantil de Vilalba. Unha nova interpelación que se tramitará pola vía dunha moción de urxencia que, ademais de requirir a comparecencia en Pleno da Alcaldesa,…

Vilalba Aberta anuncia un proceso participativo co que a xente decida os orzamentos de 2021

Vilalba Aberta vén de anunciar o lanzamento dun proceso de participación veciñal de cara á necesaria negociación duns Orzamentos Municipais para o noso Concello. Baixo o nome de Participa Vilalba e a través dunha novidosa ferramenta de participación online, o noso Grupo Municipal porá a disposición dos veciños/as de vila e parroquias a posibilidade de…