Vilalba Aberta reúnese co comercio asociado e lamenta o “desleixo do Goberno Municipal co sector”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta reuniuse na tarde de onte cunha representación do comercio asociado, co fin de escoitar e analizar polo miúdo as problemáticas do sector co Concello dende que se consumara a ruptura do pacto de Goberno, co unilateral cese por parte da Alcaldía de Modesto Renda, coma concelleiro de goberno delegado…

Vilalba Aberta urxe ao PSOE a pór en marcha as axudas a autónomos aprobadas no Pleno, “vinculadas á súa proposta”

Unha semana despois de que conseguiramos sacar adiante no Pleno a nosa proposta de Programa Municipal de axudas a autónomos e Pemes, logo da abstención do Grupo Socialista unida á do Grupo Municipal do Partido Popular; Vilalba Aberta viuse na obriga de saír ao paso, en base ás declaracións de varios membros do Goberno Municipal…

Vilalba Aberta acada o consenso do Pleno para nomear a Casa da Cultura de Vilalba como “Casa da Cultura Manuel María”

Vilalba Aberta ven de acadar un amplo consenso plenario (10 votos a favor e 6 abstencións), ao respecto da súa última iniciativa, relativa ao nomeamento da Casa da Cultura de Vilalba como nova “Casa da Cultura Manuel María”. Un resultado histórico, que permitirá a apertura dos trámites preceptivos e que, tal e como lembrou no Pleno…

Vilalba Aberta rexistra unha proposta de reordenación a fin de favorecer a hostalería e a seguridade dos peóns

Vilalba Aberta, vén de facer pública a segunda das iniciativas que defenderá, xa como Grupo Municipal na oposición, neste Pleno Ordinario de Xuño. Unha proposta integral de reordenación da mobilidade urbana que parte da necesidade de favorecer a ampliación de terrazas ao tempo que a seguridade e a distancia social entre os peóns, como medida…

Vilalba Aberta cualifica de “grave erro” a decisión unilateral da alcaldía e entende finalizado o acordo de goberno co PSOE

A través dunha rolda de prensa pública, convocada para hoxe xoves ás 18:30h no Hostal Restaurante Terra Chá, Vilalba Aberta deu conta diante de veciñanza e prensa da súa versión ao respecto da ruptura do acordo de goberno rubricado hai aproximadamente un ano entre a formación asemblearia e a Agrupación Socialista local. Arroupados por unha…

Vilalba Aberta retoma as súas Redes de Parroquia cun novo encontro aberto coa veciñanza en Ladra

Vilalba Aberta ven de anunciar a parroquia fixada para a que será a terceira parada da súa iniciativa “Redes de Parroquia”. Logo das dúas primeiras de Santaballa e Nete, Vilalba Aberta trasladará desta volta a súa dinámica de asembleas abertas á parroquia de Ladra, co fin de coñecer de primeira man as súas necesidades e…