Vilalba Aberta leva a Pleno a débeda do Concello con veciños en relación coas carpas das festas das parroquias

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de anunciar que fará súas as reivindicacións de varias parroquias e levará a Pleno o pagamento das carpas alugadas con vistas á celebración das patronais do 2019.   Unha interpelación directa á Alcaldía, que definimos como urxente, pois, foi rexistrada logo meses de reclamacións por parte dos veciños/as que,…

Vilalba Aberta pide o cumprimento da ordenanza que regula a actividade madeireira no Concello

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de anunciar que levará a Pleno o cumprimento dunha das ordenanzas de maior transcendencia para a veciñanza das parroquias, isto é: a nº 47, reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais do Concello de Vilalba. O…

Vilalba Aberta pregunta pola devolución das cotas da Piscina, das Escolas Deportivas e da Escola Municipal de Teatro

Vilalba Aberta vén de presentar a súa primeira iniciativa de cara á vindeira sesión ordinaria de Novembro. O obxectivo do noso Grupo Municipal é que o equipo de goberno dea conta da situación na que se atopa o proceso de devolución proporcional, por servizos non prestados, das cotas mensuais da Piscina Municipal, das Escolas Deportivas,…

Vilalba Aberta ve inaudito que nada se saiba dun contrato de recollida de lixo que “remata o vindeiro xoves”

Vilalba Aberta segue a presentar iniciativas de cara á vindeira sesión ordinaria de Setembro, desta volta, co obxectivo de que o equipo de goberno socialista dea conta da situación na que se atopa o proceso de renovación do contrato dun servizo público fundamental, isto é: o de limpeza, recollida domiciliaria de lixo, subministro-distribución e mantemento…

Vilalba Aberta levará a Pleno as deficiencias nas labores de roza en beiravías e cunetas de competencia municipal

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa de cara á vindeira sesión ordinaria de Setembro. Faino desta volta, co obxectivo de que o equipo de goberno dea conta diante da veciñanza ao respecto dos criterios, actuacións e calendario dos traballos de roza e limpeza de beiravías e cunetas no conxunto da rede…

Vilalba Aberta propón a ordenación das actuacións sobre as pistas das parroquias fronte a ineficacia da “política de rebacheo”

Vilalba Aberta segue a presentar iniciativas de cara á vindeira sesión ordinaria de Setembro. Un Pleno, a celebrar o vindeiro xoves día 1 de Outubro, no que as problemáticas das parroquias volverán estar presentes a iniciativa de Vilalba Aberta, logo das múltiples queixas e denuncias veciñais en relación ás deficientes actuacións do Goberno Municipal nas…

Vilalba Aberta levará a Pleno o soterramento gradual do cableado das fachadas comezando polas do casco histórico

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa de cara ao vindeiro Pleno Ordinario de Setembro. Unha proposición, que o noso voceiro municipal, Modesto Renda, anunciou xa que defenderá acompañada dunha interpelación á Alcaldesa e ao voceiro e ex alcalde do PP de Vilalba, Agustín Baamonde, en relación co destino das subvencións para a renovación…

Vilalba Aberta reivindica a súa aprobada proposta de cheques axuda á conciliación e insta ao Goberno a rectificar

Vilalba Aberta vén de facer público o seu malestar, logo de que o Goberno Local anunciara unilateralmente e a través dunha comunicación en prensa a vindeira posta en marcha dunha liña de axudas á conciliación que, tal e como denunciou esta mañá o noso Grupo Municipal, “volve obviar o aprobado en Pleno co voto favorable…

Vilalba Aberta presenta propostas específicas para o inicio de curso escolar e urxe ao Goberno Municipal a “moverse”

Vilalba Aberta fai súas as demandas das familias de vila e parroquias, en base á preocupación polo comezo do curso escolar 2020/2021. Un marco de reivindicacións, así mesmo, compartido polo conxunto da comunidade educativa vilalbesa, na liña do esixido polas diferentes asociacións de nais e pais. Censuramos a total falta de planificación por parte das…

Vilalba Aberta denuncia que o Goberno tombe as axudas a autónomos e familias a cambio dun bono que cualifican de “ocorrencia”

O Grupo de Coordinación de Vilalba Aberta compareceu na tarde de onte, co fin de facer pública a súa valoración do Pleno do pasado venres. Unha sesión extraordinaria, na que se decidía o destino de máis dun millón de euros do remanente de tesourería da anualidade de 2019 e que, logo da renuncia á presentación…