Vilalba Aberta levará a pleno un sistema de cheques axuda á conciliación como medida de apoio ás familias traballadoras

Vilalba Aberta presentou hoxe a que será a súa segunda iniciativa de cara ao Pleno Ordinario deste mes. Unha proposta, aprobada xa no Ordinario de Xullo de 2020, aínda que completamente esquecida polo goberno, baseada na posta en marcha dun sistema municipal de cheques axuda á conciliación en beneficio das familias traballadoras. En palabras da…

Vilalba Aberta propón talleres municipais de avós/avoas netos/as para promover a trasmisión da lingua e o envellecemento activo

Vilalba Aberta vén de presentar a primeira das súas iniciativas de cara ao Pleno Ordinario de Xullo. A proposta, presentada esta mañá polos compañeiros Carlos Currás e María Pérez, ten por obxectivo a posta en marcha de talleres interxeracionais organizados polo Concello, onde a xente maior transmita a lingua galega vinculándoa á realización de diferentes…

Vilalba Aberta censura a falta de seriedade do Goberno co comedor da Escola Infantil

Vilalba Aberta vén de anunciar que esixirá responsabilidades, en relación cos continuados incumprimentos do equipo de goberno municipal ao respecto do prometido ás nais e pais da Escola de Educación Infantil de Vilalba. Unha nova interpelación que se tramitará pola vía dunha moción de urxencia que, ademais de requirir a comparecencia en Pleno da Alcaldesa,…

Vilalba Aberta reivindica a súa aprobada proposta de cheques axuda á conciliación e insta ao Goberno a rectificar

Vilalba Aberta vén de facer público o seu malestar, logo de que o Goberno Local anunciara unilateralmente e a través dunha comunicación en prensa a vindeira posta en marcha dunha liña de axudas á conciliación que, tal e como denunciou esta mañá o noso Grupo Municipal, “volve obviar o aprobado en Pleno co voto favorable…

Vilalba Aberta presenta propostas específicas para o inicio de curso escolar e urxe ao Goberno Municipal a “moverse”

Vilalba Aberta fai súas as demandas das familias de vila e parroquias, en base á preocupación polo comezo do curso escolar 2020/2021. Un marco de reivindicacións, así mesmo, compartido polo conxunto da comunidade educativa vilalbesa, na liña do esixido polas diferentes asociacións de nais e pais. Censuramos a total falta de planificación por parte das…

Vilalba Aberta propón un sistema municipal de cheques para a conciliación como medida de apoio ás familias traballadoras

Vilalba Aberta vén de presentar a que será a primeira das súas iniciativas de cara ao Pleno Ordinario de Xullo. Un sistema municipal de cheques axuda para a conciliación, como medida de apoio para as familias traballadoras que, do mesmo xeito que aconteceu coa aprobada proposta de Programa Municipal de axudas directas a autónomos e…