Vilalba Aberta reúnese cos traballadores/as do servizo de recollida de lixo e comprométese coa licitación

Vilalba Aberta celebrou onte unha nova reunión, desta volta coa representación do persoal da adxudicataria do servizo de limpeza e recollida de lixo. Unha xuntanza, que lle permitiu ao candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, escoitar aos traballadores/as das diferentes quendas e zonas (mañás, noites e rural) e comprometerse co fin da actual parálise…

Vilalba Aberta comprométese cun convenio que garanta o funcionamento da unidade de alzhéimer no Hospital Asilo

Vilalba Aberta reuniuse este luns co Padroado da Fundación Hospital Asilo. A xuntanza, que tiña por obxecto contrastar de primeira man a realidade da institución, permitiulle ao candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, escoitar e recoller as necesidades da residencia, sendo a actual situación orzamentaria da unidade terapéutica de alzhéimer e outras enfermidades dexenerativas…

Vilalba Aberta desmárcase de PSOE e PP e propón a xestión pública da limpeza en colexios e instalacións municipais

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, saíu esta mañá ao paso do próximo vencemento do contrato do servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais. E fíxoo para desmarcarse claramente do que definiu de “camiño privatizador” inaugurado polo PP e continuado polo PSOE na presente lexislatura. Renda, que responsabilizou por igual aos gobernos de…

Vilalba Aberta vincula a xestión privada coa precariedade laboral no servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais

Vilalba Aberta vén de saír ao paso do anuncio do Goberno, en relación coa licitación dos servizos de limpeza en colexios e instalacións de titularidade municipal. Logo dun segundo requirimento de información no Concello, o noso Grupo Municipal censurou diante da prensa a incomprensible aposta do goberno do PSOE polo “mesmo modelo de xestión privada…

Vilalba Aberta reúnese cos traballadores/as do servizo de recollida de lixo e denuncia a parálise municipal na licitación

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de facer pública unha nova reunión, desta volta coa representación do persoal da adxudicataria do servizo de limpeza e recollida de lixo. Unha xuntanza, na que traballadores/as das diferentes quendas e zonas (mañás, noites e rural), tiveron a oportunidade de expoñer o conxunto das súas reivindicacións e demandas,…

Vilalba Aberta urxe á firma dun convenio coa Deputación que financie o Centro de Día “na presente lexislatura”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de anunciar que levará a Pleno unha nova iniciativa, coa que pretende urxir ao actual goberno en minoría do PSOE en Vilalba a solicitar da Deputación Provincial a firma dun convenio de colaboración que asegure o financiamento do necesario Centro de Día e posibilite a súa apertura na…