Vilalba Aberta celebrou onte unha nova reunión, desta volta coa representación do persoal da adxudicataria do servizo de limpeza e recollida de lixo. Unha xuntanza, que lle permitiu ao candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, escoitar aos traballadores/as das diferentes quendas e zonas (mañás, noites e rural) e comprometerse co fin da actual parálise municipal en relación co proceso de licitación.
Renda, que denuncio que o servizo sume xa 33 meses fóra de contrato “sen prórroga nin licitación”, foi especialmente crítico coa irresponsabilidade e as promesas do PSOE nesta última lexislatura. “Colectores intelixente e carga lateral dicía a señora Veleiro para que lle votaran e 4 anos despois, coma co PP, 15 días entre recollida e recollida, nalgunhas zonas do rural”.
Unha visión, compartida pola nº 3 da candidatura de VA, Tamara Rodríguez, quen lamentou a “evidente falta de planificación e organización interna” dun equipo de goberno que “prioriza as obras faraónicas fronte ás necesidades reais da veciñanza.”