Vilalba Aberta presenta un proxecto de revitalización do Mercado de Abastos logo de “cinco anos de abandono”

Vilalba Aberta segue a tomar a iniciativa. A menos dunha semana da celebración do Pleno Ordinario, o noso Grupo Municipal vén de presentar un amplo proxecto de revitalización e posta en valor do Mercado de Abastos.  Unha proposta en firme, que vimos de facer chegar ao equipo de goberno e a través da que pretendemos…

Vilalba Aberta reúnese co comercio asociado e lamenta o “desleixo do Goberno Municipal co sector”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta reuniuse na tarde de onte cunha representación do comercio asociado, co fin de escoitar e analizar polo miúdo as problemáticas do sector co Concello dende que se consumara a ruptura do pacto de Goberno, co unilateral cese por parte da Alcaldía de Modesto Renda, coma concelleiro de goberno delegado…

Vilalba Aberta insta a un acordo entre a Corporación e a Asociación de Criadores co fin de “salvar” a Feira do Capón

Vilalba Aberta sae hoxe ao paso da preocupación existente entre a veciñanza, relativa ao futuro do día grande dun dos nosos produtos estrela, isto é: a celebración da tradicional Feira do Capón. Unha data, outrora marcada con letras de ouro no calendario de veciños e visitantes, e que nos últimos anos está a ser foco…

Vilalba Aberta lanza unha campaña de apoio ao comercio local diante da pasividade dun Goberno Municipal ausente

“Polo noso, consume comercio local.” Ese é o lema da nova campaña en favor do comercio local que vimos de impulsar, coincidindo co comezo da festividade do Nadal. Unha iniciativa, a desenvolver nas redes sociais e a través da pegada de carteis publicitarios en vila e parroquias, coa que pretendemos apoiar as compras na vila…

Propoñemos reubicar na parte desocupada do Campo da Feira os postos trasladados á Praza da Constitución

Vilalba Aberta trasladará no Pleno do vindeiro xoves a súa desconformidade coa decisión que, a través da Concellería de Feiras e Mercados, pretende levar a cabo o Concello de Vilalba, relativa ao cambio de localización de ao menos unha quincena de postos da nosa Feira. Un sentir, extensivo ao dos comerciantes da Rúa do Calvario, así como…