Vilalba Aberta solicita que o persoal da axuda no fogar teña acceso preferente á vacina

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa de cara ao Pleno Ordinario correspondente ao mes de Xaneiro (17:00h do vindeiro xoves día 4). Unha interpelación directa aos grupos con representación municipal, cuxo obxectivo é o de instar “con carácter de urxencia” á Xunta a  que as traballadoras do Servizo de…

Vilalba Aberta urxe de novo á Alcaldesa a convocar a Comisión Municipal da Covid-19

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova solicitude co obxectivo de reclamar da Alcaldesa a inmediata reactivación da Comisión Municipal de seguimento da Covid. Unha segunda instancia (a primeira foi remitida en novembro), a través da que se reivindica a “urxente convocatoria” dunha comisión constituída por decreto da Alcaldía en Marzo de 2020 e da…

Renda pide escoitar ao persoal da residencia de maiores co fin de pór “luz e taquígrafos” sobre a xestión do gromo

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, vén de solicitar por escrito á Alcaldesa que a testemuña dos traballadores/as da Residencia de Persoas Maiores de Vilalba sexa tida en conta, no marco do informe da xestión requirido ao Padroado da institución en relación co inicio do gromo de máis de cen persoas contaxiadas da Covid.…

Vilalba Aberta urxe á convocatoria dunha comisión de seguimento do Covid “plural e con presenza da oposición”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta compareceu hoxe de urxencia, co obxectivo de reclamar da Alcaldesa a inmediata reactivación da Comisión Municipal de seguimento da Covid.  Unha a solicitude, rexistrada xa na sede electrónica do Concello, e a través da que se reivindica a “urxente convocatoria” dunha comisión, constituída por decreto da Alcaldía no pasado mes…