Levaremos diante o Pleno o noso Plan Municipal fronte a violencia machista

A proposta basease na Casa da Muller, un espazo pensado para lles dar apoio social, psicolóxico, educativo e xurídico ás vítimas e que funciona xa con relativo éxito noutros concellos do País. A política de prevención, entenderíase dende continuidade na sensibilización da veciñanza a través de campañas específicas, debates, charlas, mesas redondas, ou folletos, entre…

Defenderemos que se garantan uns mínimos de electricidade e gas para todas as veciñas/os

Reivindicamos do Concello que solicite ás compañías subministradoras a firma dun convenio de colaboración que lle permita a recepción dun aviso previo en caso dun corte por mor da falta de pagamento en calquera dos fogares de Vilalba. Someteremos a debate a nosa proposta, relativa á creación dun fondo de emerxencia nos orzamentos de 2017,…

Reivindicaremos a posta en marcha de medidas urxentes en materia de financiamento

Buscaremos o apoio do resto de grupos políticos contra a Lei 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local no Congreso dos Deputados, máis coñecida como Lei Montoro. Dende a asemblea de Vilalba Aberta, vimos de anunciar que reclamaremos o apoio do Pleno Municipal en contra da Lei de Racionalización e…

Defenderemos diante do pleno o noso plan para a peonalización selectiva do casco vello

Propoñemos a posta en marcha dun proxecto piloto, a desembocar na apertura dun procedemento de participación cidadá onde o conxunto das veciñas/os e comerciantes afectados/as poidan posicionarse diante das vantaxes e desvantaxes da experiencia. Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar, co gallo do vindeiro Pleno Ordinario a celebrar este xoves, que defenderemos…

Resumo da reunión entre o compañeiro Modesto e Agustín Baamonde

A posta en funcionamento da vella gardería, o aluguer social dos inmobles de titularidade pública deshabitados ou o procedemento de regularización catastral, as prioridades para Vilalba Aberta. Disparidade de visións e antagonismo ideolóxico entre dous proxectos de Concello que en pouco máis de dous anos e medio se voltarán a atopar de fronte.  O compañeiro…

Levaremos ao pleno unha proposta de auditoría para “erguelas alfombras” da xestión municipal

Consideramos inaprazable a posta en marcha dunha avaliación tanto da xestión directa como indirecta que de a coñecer o resultado da xestión dos dous derradeiros alcaldes do Concello. A fiscalización de todos os créditos pendentes de amortización, así coma determinar se houbo débeda con provedores convertida en débeda bancaria, para proceder á realización dun seguimento;…

Reivindicaremos no Concello a posta en marcha dunha liña de axudas para material escolar

O chamado “fondo solidario” e as axudas para a adquisición libros de texto convocadas pola Xunta, non están a impedir as dificultades de moitas familias vilalbesas para acceder ao conxunto do material establecido polos centros. Propoñemos unha axuda en forma de bonos a trocar tan só en establecementos do municipio, a fin de favorecer tamén…

Defenderemos diante o Pleno un uso de aluguer social para as antigas vivendas de profesores

O edificio, situado na Rúa Cuart de Poblet e construído orixinariamente para albergar vivendas de profesores, conta na actualidade con seis vivendas, das cales tan só dúas están habitadas. Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de tomar a iniciativa a fin de que a vindeira titularidade pública do inmoble se concrete nun uso de aluguer…

Solicitaremos o nome dunha rúa para honrar ao Agustín Fernández Paz

Un recoñecemento, sen dúbida, merecido en base á súa importantísima obra literaria, ao seu traballo renovador no eido pedagóxico, á súa loita a prol do noso idioma, así coma polo seu demostrado amor a Vilalba. Dende a asemblea de Vilalba Aberta consideramos acaído facelo coincidir coa retirada do rueiro vilalbés dos apelidos dun dos militares que se ergueron contra…