Vilalba Aberta reúnese co comercio asociado e lamenta o “desleixo do Goberno Municipal co sector”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta reuniuse na tarde de onte cunha representación do comercio asociado, co fin de escoitar e analizar polo miúdo as problemáticas do sector co Concello dende que se consumara a ruptura do pacto de Goberno, co unilateral cese por parte da Alcaldía de Modesto Renda, coma concelleiro de goberno delegado…

Vilalba Aberta urxe ao PSOE a pór en marcha as axudas a autónomos aprobadas no Pleno, “vinculadas á súa proposta”

Unha semana despois de que conseguiramos sacar adiante no Pleno a nosa proposta de Programa Municipal de axudas a autónomos e Pemes, logo da abstención do Grupo Socialista unida á do Grupo Municipal do Partido Popular; Vilalba Aberta viuse na obriga de saír ao paso, en base ás declaracións de varios membros do Goberno Municipal…

Vilalba Aberta acada o consenso do Pleno para nomear a Casa da Cultura de Vilalba como “Casa da Cultura Manuel María”

Vilalba Aberta ven de acadar un amplo consenso plenario (10 votos a favor e 6 abstencións), ao respecto da súa última iniciativa, relativa ao nomeamento da Casa da Cultura de Vilalba como nova “Casa da Cultura Manuel María”. Un resultado histórico, que permitirá a apertura dos trámites preceptivos e que, tal e como lembrou no Pleno…

Vilalba Aberta rexistra unha proposta de reordenación a fin de favorecer a hostalería e a seguridade dos peóns

Vilalba Aberta, vén de facer pública a segunda das iniciativas que defenderá, xa como Grupo Municipal na oposición, neste Pleno Ordinario de Xuño. Unha proposta integral de reordenación da mobilidade urbana que parte da necesidade de favorecer a ampliación de terrazas ao tempo que a seguridade e a distancia social entre os peóns, como medida…

Vilalba Aberta cualifica de “grave erro” a decisión unilateral da alcaldía e entende finalizado o acordo de goberno co PSOE

A través dunha rolda de prensa pública, convocada para hoxe xoves ás 18:30h no Hostal Restaurante Terra Chá, Vilalba Aberta deu conta diante de veciñanza e prensa da súa versión ao respecto da ruptura do acordo de goberno rubricado hai aproximadamente un ano entre a formación asemblearia e a Agrupación Socialista local. Arroupados por unha…

Vilalba Aberta retoma as súas Redes de Parroquia cun novo encontro aberto coa veciñanza en Ladra

Vilalba Aberta ven de anunciar a parroquia fixada para a que será a terceira parada da súa iniciativa “Redes de Parroquia”. Logo das dúas primeiras de Santaballa e Nete, Vilalba Aberta trasladará desta volta a súa dinámica de asembleas abertas á parroquia de Ladra, co fin de coñecer de primeira man as súas necesidades e…

Vilalba Aberta manterá un encontro aberto coa veciñanza de Nete na segunda parada das súas Redes de Parroquia

Nete é a parroquia fixada para a que será a segunda parada das nosa “Redes de Parroquia”. Logo da inaugural de Santaballa, que superou as previsións iniciais en base ao importante número de veciños/as que se achegaron, dende Vilalba Aberta trasladaremos desta volta a nosa dinámica de asembleas abertas a San Cosme de Nete, co…