Vilalba Aberta comprométese coas demandas da veciñanza de Árbol nunha nova xuntanza da nosa “rede de parroquias”

O noso voceiro municipal, Modesto Renda, e a responsable de organización de VA, Mónica González, achegáronse a Árbol co obxectivo de escoitar e recoller de primeira man as necesidades da parroquia. Na xuntanza, a décima xa dende que dera inicio á iniciativa “Rede de Parroquias”, o noso Grupo Municipal comprometeuse coa veciñanza presente na necesidade…

Vilalba Aberta continuará este venres en Árbol as súas xuntanzas parroquia a parroquia

Vilalba Aberta prosigue seu proceso de escoita no rural vilalbés. Así, e despois das xuntanzas en Santaballa, Nete, Ladra, Oleiros, Carballido, Corbelle, Belesar, San Simón e Lanzós, o noso Grupo Municipal achegarase a Árbol co fin de celebrar que será a décima parada da nosa concorrida “Rede de Parroquias”. Á reunión, fixada para este venres…

Vilalba Aberta escoita ás traballadoras da axuda no fogar e toma a iniciativa para mellorar as súas condicións laborais

Vilalba Aberta reclamará no vindeiro Pleno a mellora das condicións laborais no Servizo de Axuda no Fogar. Así o anunciou Modesto Renda á saída dunha reunión programada polo noso Grupo Municipal co fin de escoitar e coñecer de primeira man o marco de reivindicacións das traballadoras. “As traballadoras do SAF levan loitando moitos anos pola…

Vilalba Aberta celebrará este xoves a 5ª edición do seu Orgullo LGTBI+ co profesor Andy Toro coma poñente

Cinco anos despois de que a veciñanza vilalbesa acudira á primeira convocatoria de VA con motivo da celebración do Orgullo LGBTI, vimos de anunciar a nosa vontade de dar continuación ás convocatorias de 2017, 2018, 2019, 2020 e 2021. Un acto que, tal e como lembrou a nosa vicevoceira, Mª Xosé Fernández, pretende “afondar no…

Vilalba Aberta propuxo no que vai de ano o arranxo de 35 pistas en 15 parroquias sen resposta algunha do goberno

As demandas das parroquias volven centrar o traballo de oposición de Vilalba Aberta. Logo das múltiples queixas recibidas en relación co estado no que se atopan as diferentes pistas da rede viaria municipal, o noso voceiro, Modesto Renda, volveu reclamar do goberno do PSOE a posta en marcha dun Plan de Vías para o rural. …

Vilalba Aberta desmárcase de PSOE e PP e propón a xestión pública da limpeza en colexios e instalacións municipais

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, saíu esta mañá ao paso do próximo vencemento do contrato do servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais. E fíxoo para desmarcarse claramente do que definiu de “camiño privatizador” inaugurado polo PP e continuado polo PSOE na presente lexislatura. Renda, que responsabilizou por igual aos gobernos de…

Vilalba Aberta pide explicacións ao PSOE polo arranxo do “monumento aos caídos na santa cruzada” de Alba

A responsable de Organización de VA, Mónica González, anunciou hoxe que o noso Grupo Municipal pedirá explicacións ao goberno en relación coa reparación do panteón que homenaxea aos “Caídos”, na parroquia de San Xoán de Alba. Unha interpelación, que chega un ano e dous meses despois de que o goberno do PSOE anunciara a bombo…

Vilalba Aberta levará a pleno un sistema de cheques axuda á conciliación como medida de apoio ás familias traballadoras

Vilalba Aberta presentou hoxe a que será a súa segunda iniciativa de cara ao Pleno Ordinario deste mes. Unha proposta, aprobada xa no Ordinario de Xullo de 2020, aínda que completamente esquecida polo goberno, baseada na posta en marcha dun sistema municipal de cheques axuda á conciliación en beneficio das familias traballadoras. En palabras da…