Vilalba Aberta presenta un programa electoral “traballado, contrastado e realista” co obxectivo de “gobernar escoitando”

O candidato de Vilalba Aberta, Modesto Renda, presentou este sábado un decálogo cos principais compromisos que poñerá en marcha de converterse en Alcalde logo das Eleccións Municipais do 28M. Arroupado por varios membros do seu equipo, e despois dunha sinatura pública diante da Casa do Concello,  o candidato deu a coñecer unha a unha as…

Vilalba Aberta comprométese coa posta en marcha dun Apiario Didáctico en San Simón

Vilalba Aberta segue sumando colectivos ao seu proceso de escoita de entidades e asociacións. Así, a formación reuniuse este luns coa directiva da Asociación de Apicultura Serra da Carba, co obxectivo de “contrastar os últimos detalles do seu Programa”. A xuntanza, que se celebrou na Casa Escola da Pedragosa, permitiulle ao seu candidato á Alcaldía,…

Vilalba Aberta reúnese cos veciños/as de Vilapedre para escoitar e recoller as súas demandas

Vilalba Aberta segue escoitando unha a unha as parroquias do Concello. Despois da súa recente visita a Sancovade, a formación municipalista achegouse este mércores a Vilapedre co obxectivo de recoller “de primeira man” as demandas dos seus veciños/as. O deplorable estado da rede viaria municipal centrou unha xuntanza na que veciñanza presente lamentou o estado…

Vilalba Aberta reunirase cos veciños/as de Vilapedre no marco do seu proceso de escoita nas parroquias

Vilalba Aberta segue sumando parroquias no seu proceso de escoita do rural vilalbés. Así, e despois das xuntanzas en Santaballa; Nete; Ladra; Oleiros; Carballido; Corbelle; Belesar; San Simón; Lanzós; Árbol, Bordelle e Sancovade a formación visitará Vilapedre para celebrar a 13ª parada da súa iniciativa “Rede de Parroquias”. Á reunión, fixada para este mércores 29…

Vilalba Aberta reúnese cunha representación do comercio asociado e denuncia o desleixo do goberno co sector

Vilalba Aberta segue sumando colectivos ao seu proceso de escoita de entidades e asociacións. Así, a formación reuniuse este mércores cunha representación da sección de comercio da Asociación Sete Pontes, co obxectivo de recoller “de primeira man” as súas propostas e demandas.  A xuntanza, que se prolongou por máis de dúas horas, permitiulle ao seu…

Renda: “Os 2 millóns para o rural dos que presume Veleiro arrincoullos VA na mesa de negociacións”

O candidato de Vilalba Aberta, Modesto Renda, saíu hoxe ao paso das declaracións da Alcaldesa ao respecto dos investimentos no rural. A través dun comunicado de prensa, o Alcaldable cualificou de “torpe” a campaña de propaganda do PSOE e volveu instar a Elba Veleiro a sentarse a negociar para “cumprir coas parroquias que quedaron fóra.”…

Vilalba Aberta reúnese con veciños/as de Sancovade para escoitar e recoller as súas demandas

Vilalba Aberta segue sumando parroquias ao seu proceso de escoita no rural. Despois de visitar o barrio de Bordelle (Santaballa), a formación municipalista achegouse este martes a Sancovade co obxectivo de recoller as demandas da parroquia. O deficiente estado da rede viaria municipal centrou a xuntanza. Así, a veciñanza presente lamentou o estado de degradación…