VA “perplexa” coa instalación a 6 meses das eleccións da pista de xeo que o PSOE tildaba de “moi cara” en 2019

Vilalba Aberta vén de facer pública a súa absoluta perplexidade coa última decisión da Alcaldesa. E fíxoo logo de analizar polo miúdo a acta da última xunta de goberno e na que o executivo municipal (PSOE) ven de dar luz verde á instalación dunha pista de xeo para o Nadal. Unha iniciativa que o noso…

Vilalba Aberta levará a Pleno as solicitudes veciñais que o goberno ten sen contestar

“O Goberno Municipal acumula solicitudes e reclamacións sen que a cidadanía reciba resposta algunha”. Así vén de facer público Vilalba Aberta, cuxo Grupo Municipal vén de rexistrar unha petición de comparecencia da Alcaldesa de cara ao Pleno Ordinario do vindeiro mes de Marzo. Dende a formación municipalista, denuncian que teñen coñecemento de ata 27 peticións…

Vilalba Aberta denuncia o malgaste de diñeiro público en publicidade do goberno “en plena crise económica da Covid”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta denunciou este venres o dispendio de fondos públicos en publicidade por parte do equipo de goberno do PSOE no Concello de Vilalba. Unha crítica, que tal e como anunciou o noso voceiro municipal, Modesto Renda, terá a súa continuación no vindeiro Pleno Ordinario, pola vía dunha petición de comparecencia da…

Vilalba Aberta preguntará polo destino das axudas para a renovación das redes aéreas na “Área de Rehabilitación”

Vilalba Aberta vén de rexistrar a que será a súa última interpelación ao Goberno Municipal na presente lexislatura. Unha pregunta ao Alcalde, en relación co destino das subvencións para a renovación e supresión das redes aéreas na área delimitada coma de “Rehabilitación Integral” do casco antigo. Tal e como denunciamos, o acordo da comisión bilateral…

Vilalba Aberta aproba un novo Código Ético no que se limita a 25.794€ netos (2,7 SMI) a retribución total anual do Alcalde

O Candidato á Alcaldía de Vilalba Aberta, Modesto Renda, percibirá, de ser o vindeiro Alcalde, un máximo salarial neto de 25.794€ (2,7 Salarios Mínimos Interprofesionais). Así o ven de aprobar a nosa asemblea, no marco dun novo Documento Ético que se proxecta substituto do redactado para Lexislatura 2015/2019. Un novo código de prácticas e accións…

Vilalba Aberta rexistra unha batería de preguntas no Concello ao respecto da problemática co Servizo de Madrugadores

Vilalba Aberta trasladará ao Pleno deste xoves a problemática relativa aos anunciados cambios no Servizo de Madrugadores. Unha interpelación, que chega logo de reunirse o noso voceiro e candidato á Alcaldía, Modesto Renda, cunha representación das nais e pais afectados. O servizo, xestionado polas ANPAs, está subvencionado – en parte – polo Concello, pois é…

Esiximos saber o custo da reposición do busto de Fraga e defenderemos o seu traslado á Fundación

As reaccións ao anuncio de Baamonde, relativo á reposición do busto de Fraga non se fixeron esperar. E foi precisamente a nosa asemblea, e a través dunha comunicación de urxencia á prensa, a primeira en se pronunciar. Denunciamos a opacidade coa que o Goberno Municipal está a manexar todo canto ten que ver coa restauración…