Emendamos os Orzamentos pola vía dun Plan de Racionalización de Gasto a fin de reforzar emprego e medio rural

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de dar a coñecer a nosa postura perante os Orzamentos presentados polo Goberno Municipal de cara á aprobación das contas do Concello para o exercicio 2018. Neste senso, e logo de definirmos de “vergoña institucional” a falta de seriedade exhibida polo Alcalde ao fixar o debate orzamentario nun…

Urximos ao Concello á instalación dun punto de recollida de plásticos agrícolas por parroquia

Vilalba Aberta instará ao Goberno a habilitar un lugar específico para que os veciños/as das parroquias poidan depositar os residuos plásticos derivados do uso agrícola, evitando así que este tipo de materiais acaben abandonados ou en contedores que non son os máis apropiados para favorecer a reciclaxe. Unha proposta de urxencia, con vistas á súa…

Rexistramos unha petición de dimisión contra o Alcalde por mentir ao respecto da nave de Sancovade

Vilalba Aberta, en votación de urxencia da súa asemblea, aprobou por unanimidade a presentación dunha moción de reprobación contra o Alcalde, Agustín Baamonde, a fin de defendermos no vindeiro Pleno unha petición en firme de dimisión tanto ao rexedor coma ao responsable de urbanismo no Goberno de Vilalba. Unha decisión, que atopa explicación na nosa…

Denunciamos a incompetencia do Goberno Municipal ao respecto da recollida de lixo nas parroquias

Dende a asemblea de Vilalba Aberta anunciabamos na mañá de hoxe que trasladaremos ao Pleno as desoídas reivindicacións veciñais, relativas ás continuadas deficiencias no sistema de recollida de lixo nas parroquias. Facemos así visibles as dificultades coas que se atopan os veciños e veciñas do rural froito da caótica xestión municipal dos seus residuos e…