Vilalba Aberta fai públicos os datos que demostran a situación de explotación laboral das traballadoras do SAF

A situación de vulneración dos dereitos laborais na adxudicataria da Axuda no Fogar no Concello de Vilalba, parece estar hoxe un pouco máis cerca de chegar ao seu final. Logo de 7 meses de traballo, denuncias, interpelacións, debates plenarios e, por enriba de todo, constante comunicación cunha boa parte das máis de 120 traballadoras afectadas;…

Vilalba Aberta levará ao Pleno a situación de risco derivada do actual estado de varias árbores no paseo do Rañego

Dende Vilalba Aberta vimos de rexistrar unha batería de preguntas no Concello, ao respecto da problemática derivada do estado actual dalgunhas das árbores que poboan o paseo do Rañego. Unha interpelación, que chega logo de se producir a caída dunha delas, con data do pasado sábado 9 de Febreiro. Neste senso, e ao tempo que…

Vilalba Aberta aproba un novo Código Ético no que se limita a 25.794€ netos (2,7 SMI) a retribución total anual do Alcalde

O Candidato á Alcaldía de Vilalba Aberta, Modesto Renda, percibirá, de ser o vindeiro Alcalde, un máximo salarial neto de 25.794€ (2,7 Salarios Mínimos Interprofesionais). Así o ven de aprobar a nosa asemblea, no marco dun novo Documento Ético que se proxecta substituto do redactado para Lexislatura 2015/2019. Un novo código de prácticas e accións…

Coñece a lista ao completo da nosa Candidatura de cara ás vindeiras Eleccións Municipais

Dende Vilalba Aberta vimos de facer públicos os nomes dos 20 veciños/as que darán forma á lista completa da nosa Candidatura, de cara ás vindeiras Eleccións Municipais. Un anuncio, que chegaba logo do relativo ao nomeamento unánime do noso actual voceiro, Modesto Renda, coma Candidato á Alcaldía. 10 veciñas e 10 veciños, para unha lista…