Coñece a lista ao completo da nosa Candidatura de cara ás vindeiras Eleccións Municipais

Dende Vilalba Aberta vimos de facer públicos os nomes dos 20 veciños/as que darán forma á lista completa da nosa Candidatura, de cara ás vindeiras Eleccións Municipais. Un anuncio, que chegaba logo do relativo ao nomeamento unánime do noso actual voceiro, Modesto Renda, coma Candidato á Alcaldía. 10 veciñas e 10 veciños, para unha lista…

Vilalba Aberta rexistra unha batería de preguntas no Concello ao respecto da problemática co Servizo de Madrugadores

Vilalba Aberta trasladará ao Pleno deste xoves a problemática relativa aos anunciados cambios no Servizo de Madrugadores. Unha interpelación, que chega logo de reunirse o noso voceiro e candidato á Alcaldía, Modesto Renda, cunha representación das nais e pais afectados. O servizo, xestionado polas ANPAs, está subvencionado – en parte – polo Concello, pois é…

Modesto Renda será o Candidato de Vilalba Aberta á Alcaldía, logo de saír elixido por unanimidade no noso proceso aberto e veciñal

O actual voceiro de Vilalba Aberta no Concello, o compañeiro Modesto Renda, será de novo o noso cabeza de lista nas vindeiras Eleccións Municipais. Un anuncio, que xa no día de onte contextualizabamos como a culminación dun proceso participativo iniciado no pasado mes de xullo, e ao que lle seguirá, este xoves 24, o anuncio…

Vilalba Aberta anuncia esta semana o seu candidato/a á alcaldía e a súa lista completa de cara ás Municipais

Vilalba Aberta celebrou este venres a que foi a súa primeira asemblea de 2019. Unha cita, coma sempre, aberta ao conxunto da veciñanza e que concibiamos como a culminación a un proceso participativo, que arrincaba o pasado 19 de Xullo nunha Festa-Mitin na Área Recreativa da Madalena. Na mesma, e pola vía dun chamamento á…

Vilalba Aberta esixe a contratación de persoal auxiliar namentres non se cubran as vacantes de praza na Policía Local

Vilalba Aberta ven de rexistrar unha nova iniciativa no Concello, relativa á insuficiente dotación de axentes no cadro da Policía Local. Unha proposta ao Pleno, que ten por obxecto instar ao Concello de Vilalba a se dirixir á AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) a fin da  contratación temporal de persoal auxiliar, namentres non se…

Vilalba Aberta presenta un Plan de Desenvolvemento Económico e Fiscal para poñer fin ao declive demográfico

Dende Vilalba Aberta vimos de facer pública a nosa última iniciativa, a defender no vindeiro Pleno Ordinario de Xaneiro. Unha proposta marco aos grupos con representación na Corporación, que atopa o seu contexto no continuado decrecemento demográfico do que é vítima o Concello e que se viu confirmado logo da publicación dos últimos datos do…