Esiximos un desconto equivalente a un mes da Taxa de Pasaxe de Vehículos para os afectados polas obras en San Roque

Vilalba Aberta fará súas as reivindicacións da veciñanza da Rúa San Roque, logo de termos coñecemento das molestias relativas á imposibilidade do acceso aos garaxes privados durante as máis de catro semanas de obras. Unha limitación de máis dun mes de duración que, ao noso xuízo e na liña do reivindicado pola veciñanza afectada, esixe…

Propoñemos que as antigas vivendas de profesores se destinen a acoller vítimas de maltrato sen alternativa habitacional

Vilalba Aberta presentou esta mañá a que será a súa sétima iniciativa de cara Pleno Ordinario de Novembro. Unha nova proposta aos grupos, enmarcada na conmemoración do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller, e cuxo obxectivo último é o de reforzar a necesaria protección a todas aquelas mulleres vítimas de maltrato que…

Vilalba Aberta esixirá no Pleno que non se lle pasen os recibos á veciñanza das rúas afectadas pola problemática da traída

No pasado mes de outubro, e logo de termos constancia do deplorable estado no que a auga da traída estaba a chegar a determinadas rúas do casco urbano, Vilalba Aberta tomaba a inmediata iniciativa e esixía responsabilidades ao Concello diante dunha problemática que cualificaba de estrutural. Apuntabamos nese intre ao Goberno coma garante da prestación…

Vilalba Aberta propón un “Pacto Municipal” ao respecto do financiamento do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía

Vilalba Aberta presentou na mañá de hoxe unha nova iniciativa, a debater no vindeiro Pleno Ordinario de Novembro. A proposta, ten por obxecto poñer fin á escaseza de recursos que dende hai anos ven padecendo o MUAPV, pola vía dun grande acordo municipal que sexa quen de superar a actual situación de dependencia que a…

Tomamos a iniciativa diante da “total falta de planificación” ao respecto da xestión dos espazos utilizados polas asociacións

Vilalba Aberta trasladará ao Pleno o malestar veciñal ao respecto da xestión municipal dos espazos públicos utilizados polas asociacións. Un sentir, agudizado no pasado mes de setembro froito das deficiencias na coordinación dunhas instalacións municipais, destinadas a satisfacer as demandas de uso da veciñanza en xeral e do movemento asociativo en particular. Denunciamos a arbitrariedade…