Vilalba Aberta levará a pleno os problemas da Residencia de Maiores e esixe “toda a información” á Alcaldesa

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de rexistrar unha petición de comparecencia da Alcaldesa, Elba Veleiro, na súa condición de membro e representante do Concello no Padroado da Residencia de Maiores. A dación de contas, solicitada de cara ao Pleno Ordinario de Maio, posibilitará que a veciñanza poida fiscalizar o sentido do seu voto…