Vilalba Aberta levará a Pleno as reclamacións dos veciños/as do Vilar de Pígara en Goiriz

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades da veciñanza das parroquias. Logo dunha xuntanza cos veciños/as do Vilar de Pígara (Parroquia de Goiriz), o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretenden dar resposta ás demandas dos seus residentes, pola vía da renovación e mellora do camiño público que lle…

Vilalba Aberta pide explicacións polo estado da estrada que une o empalme coa Feira do Monte ao seu paso por Vilalba

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova interpelación á Alcaldesa. A solicitude, que atopa fundamento no deplorable estado da estrada provincial LU-P-6501 ao seu paso por Vilalba, chega logo de que a Deputación Provincial actuara sobre o firme do tramo pertencente ao Concello de Cospeito, ficando, un ano máis, o pertencente ao Concello de Vilalba…

Vilalba Aberta urxe ao PSOE a poñer fin ao “caos en materia de persoal” no Concello e volve esixir o desbloqueo da RPT

Vilalba Aberta volve pedir explicacións ao goberno en relación cos continuados atrasos administrativos no Concello. O noso Grupo Municipal reclama, así, por terceira vez no que vai de lexislatura, que se desbloquee a elaboración dunha R.P.T (Relación de Postos de Traballo) que – censuran – “segue exactamente no mesmo punto, dous anos e medio despois…

Mobilidade, vivenda, polígono industrial… Consulta aquí o traballo de VA de cara ao Pleno de Novembro

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de anunciar o rexistro dun total de nove asuntos de cara ao Pleno Ordinario desta tarde. Dos mesmos, tres serán iniciativas baixo o formato de moción, outros tantos trataranse na quenda de preguntas á Alcaldía e os restantes trasladaranse como solicitudes en forma de rogo.   MOBILIDADE, VIVENDA…

Vilalba Aberta acada un novo acordo co goberno que desbloquea o pago a provedores

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de asinar un novo acordo co goberno en minoría do PSOE. O documento, que desbloquea o pago a provedores, ratificouse nun Pleno Extraordinario no que ámbalas dúas formacións políticas votaron favorablemente á modificación do orzamento vixente (2019) a través da modalidade de suplemento de crédito, incorporando un total…

A zona azul gratuíta será unha realidade grazas á aprobada iniciativa de Vilalba Aberta

O modelo de oposición en positivo de Vilalba Aberta segue a dar resultados. Logo de desbloquear as axudas a autónomos, a tramitación das subvencións nominativas e arrincar do goberno un investimento de arredor de 800.000€ nas parroquias, o noso Grupo Municipal vén de acadar outro dos seus obxectivos centrais da lexislatura, isto é: a posta…

Vilalba Aberta censura o deixamento do goberno en materia de normalización linguística

O cumprimento da lexislación en materia de normalización lingüística segue a ser materia pendente no Concello de Vilalba. Así o denunciou o Grupo Municipal de Vilalba Aberta, a través do rexistro dunha iniciativa que terá a súa canalización no vindeiro Pleno Ordinario de Novembro. Tal e como explicou a membro da nosa coordinadora, Iria Currás,…

O acordo que acadou Vilalba Aberta co Goberno: Arredor de 800.000€ ás parroquias en investimentos

Sae a licitación a renovación dos primeiros accesos vías de parroquias froito do acordo entre o Goberno e VA. Un desbloqueo máis que fundamental en materia de investimento pois, sen este acordo, o Concello non tería apenas marxe para executar (as contas continúan prorrogadas dende o último ano do PP) o que se traduciría nun…

Vilalba Aberta propón unha segunda liña de axudas para autónomos que quedaran fóra das aprobadas

Vilalba Aberta volve facer súas as reivindicacións de autónomos e comerciantes. Logo de acadar un traballado acordo co goberno, a fin da posta en marcha do agardado Programa de Axudas Directas a Autónomos e Empresas, o noso Grupo Municipal vén de remitir unha proposta á Alcaldesa, co obxectivo da apertura dunha segunda liña en beneficio…