Vilalba Aberta acada un novo acordo co goberno que asegura as subvencións nominativas da anualidade

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta asinou este xoves un novo acordo co goberno en minoría do PSOE, co obxectivo de asegurar a inmediata tramitación do conxunto de subvencións nominativas correspondentes á presente anualidade. En concreto, destinaranse 308.400€ a apoiar as actividades das entidades sociais, veciñais, empresariais, educativas, culturais e deportivas nas que participan milleiros…

Vilalba Aberta retomará en Corbelle a súa xeira de xuntanzas “parroquia a parroquia”

Vilalba Aberta anunciou hoxe a volta da súa pioneira iniciativa “Rede de Parroquias”. Suspendida pola aparición da Covid no mes de Marzo de 2020, estamos a falar dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” deseñados pola nosa asemblea co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas, logo, á…

Renda urxe ao PSOE a “cumprir co pactado” e pór en marcha as axudas a autónomos “de xeito inmediato”

Dous meses e medio despois de que Vilalba Aberta e PSOE asinaran un acordo político para o financiamento dun programa de axudas directas a autónomos e empresas; o noso Grupo Municipal vese na obriga de saír ao paso ao respecto do que cualifican de “inxustificable incumprimento do pactado”. Así o expuxo o noso voceiro municipal,…

Vilalba Aberta presenta a súa nova coordinadora e proxecto político coa alcaldía como obxectivo para 2023

Máis dun cento de persoas acudiron este sábado á asemblea de presentación do novo proxecto político de Vilalba Aberta. Baixo o lema “Máis que un Partido”, o encontro supuxo tamén a posta de largo do que será o órgano coordinador da nosa formación. Así, Vilalba Aberta fixo públicos diante da veciñanza os nomes dos veciños/as que…

Vilalba Aberta reforza a súa estrutura orgánica co obxectivo de ser “alternativa de goberno no 2023”

Dar resposta ao crecemento da nosa base social, organizar a presenza permanente nas parroquias e afianzar a VA como alternativa de goberno en 2023. Estes son os obxectivos que fundamentan a reorganización interna coa que Vilalba Aberta pretende pór as bases para a constitución dun partido-movemento que lle dispute a alcaldía a PP e PSOE.…

Vilalba Aberta reclama novas paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias

Vilalba Aberta segue a tomar a iniciativa de cara ao Pleno Ordinario de Setembro. Así, o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretende facer súas as demandas das familias do rural vilalbés, en relación co necesario incremento da dotación de paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias. Unha…

Vilalba Aberta presenta as súas liñas de actuación para o novo curso político no Concello

Os concelleiros de Vilalba Aberta, Modesto Renda e Mª Xosé Fernández, avanzaron este sábado as liñas de traballo que levarán adiante no comezo do novo curso político. Así, acompañados por varios membros da asemblea de VA, os nosos edís explicaron polo miúdo os  eixos de actuación a través dos que pretenden contribuír, dende o exercicio…

Vilalba Aberta asina co Goberno un acordo por valor de 1.414.544,07€ para financiar as axudas a autónomos, mellorar as vías do rural e a accesibilidade no núcleo urbano

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta e o Grupo de Goberno no Concello de Vilalba (PSOE) veñen de asinar un acordo que subscribe a votación favorable no pleno extraordinario que se celebrará mañá, xoves 5 de agosto, para a incorporación de remanentes de tesourería co obxectivo de financiar unha serie de actuacións consensuadas por ambas…