Vilalba Aberta levará a pleno a situación laboral das traballadoras da limpeza nos colexios

Vilalba Aberta volve saír ao paso da situación laboral das traballadoras do servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais. Logo de censurar a aposta do goberno do PSOE polo “mesmo modelo de xestión privada do PP”; o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova petición de comparecencia tanto da Alcaldesa como do edil…

Vilalba Aberta propón un convenio co IGVS para a cesión das prazas de aparcamento non adxudicadas nas Pedreiras

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario unha iniciativa encamiñada a dar resposta ás demandas da veciñanza, en relación coa necesidade de espazos para o aparcamento no casco urbano. Unha primeira proposta, focalizada na procura de alternativas de estacionamento para os veciños/as residentes da zona vella que, tal e como se apunta dende o noso…

Vilalba Aberta propón un proxecto de permutas voluntarias de terras agrícolas entre particulares

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario unha iniciativa para a reorganización da propiedade rural a través de permutas. A proposta, cuxo obxectivo é o de mellorar a rendibilidade da superficie agrícola do concello, subvencionaría, ademais, ata un 75% dos gastos notariais a aqueles veciños/as aos que, voluntariamente, lles interesara intercambiar as súas fincas. Dende…

Vilalba Aberta levará a pleno a necesidade dunha relación de postos de traballo no Concello

Vilalba Aberta ven facer público o rexistro dunha nova iniciativa de cara ao Pleno Ordinario de Xullo. A proposta, que tal e como explicou diante da prensa o noso Grupo Municipal, ten como obxectivo “rematar cos continuados atrasos administrativos, así como cos que día a día se producen na propia xestión dos servizos prestados polo…

Renda ofrece ao PSOE pactar que os fondos do canon eólico se destinen ás parroquias no que resta de lexislatura

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario que a aplicación orzamentaria do Fondo de Compensación Ambiental – que financia o Canon Eólico – reverta directamente nas parroquias, no que resta de lexislatura. Unha proposta que dende o noso Grupo Municipal se entende como “prioritaria e de xustiza” e que figuraba xa no acordo de mínimos entre PSOE…

Vilalba Aberta denuncia o “deplorable” estado da canceira e o deixamento nos traslados ao centro de recollida

Vilalba Aberta vén de facer público o rexistro dunha petición de comparecencia tanto da Alcaldesa como do edil de Medio Ambiente, en relación co actual estado da canceira. Unha interpelación directa ao goberno, que dende o noso Grupo Municipal se vinculará, así mesmo, ao deixamento de funcións do Concello, en relación coa súa responsabilidade no…

“Humanización”: Un artigo de Carlos Currás sobre a realidade do urbanismo en Vilalba

Humanización: Acción e efecto de humanizar ou humanizarse. (Real Academia Galega, 2012)   Pouco desenvolve o dicionario da Real Academia Galega o concepto de “Humanización” sen aclarar cal é o sentido da acción, malia ser un termo de relativo novo uso no urbanismo actual. Entendo que en pasadas décadas a humanización das rúas nas vilas…

Vilalba Aberta propón talleres municipais de avós/avoas netos/as para promover a trasmisión da lingua e o envellecemento activo

Vilalba Aberta vén de presentar a primeira das súas iniciativas de cara ao Pleno Ordinario de Xullo. A proposta, presentada esta mañá polos compañeiros Carlos Currás e María Pérez, ten por obxectivo a posta en marcha de talleres interxeracionais organizados polo Concello, onde a xente maior transmita a lingua galega vinculándoa á realización de diferentes…