Vilalba Aberta presiona ó PSOE coa ampliación do polígono reuníndose con representantes do tecido empresarial

Vilalba Aberta segue a dar pasos na súa campaña pola “necesaria ampliación” do Polígono Industrial. Baixo o lema “Un futuro en Vilalba para a veciñanza traballadora, a mocidade e a pequena e mediana empresa”, o noso Grupo Municipal continúa a presionar ao goberno do PSOE, desta volta pola vía dunha xuntanza coa representación do tecido…

Vilalba Aberta continúa este venres en Lanzós as súas xuntanzas parroquia a parroquia

Vilalba Aberta segue volcada na súa iniciativa “Rede de Parroquias”. Retomada hai dous meses logo de aprazarse pola Covid19, trátase dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” deseñados co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas, logo, á axenda política da corporación. Así, e despois das oito primeiras…