Vilalba Aberta comprométese cun convenio que garanta o funcionamento da unidade de alzhéimer no Hospital Asilo

Vilalba Aberta reuniuse este luns co Padroado da Fundación Hospital Asilo. A xuntanza, que tiña por obxecto contrastar de primeira man a realidade da institución, permitiulle ao candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, escoitar e recoller as necesidades da residencia, sendo a actual situación orzamentaria da unidade terapéutica de alzhéimer e outras enfermidades dexenerativas…

Vilalba Aberta continuará en Bordelle (Santaballa) as súas xuntanzas “parroquia a parroquia”

Vilalba Aberta prosigue o seu proceso de escoita no rural vilalbés. Así, e despois das xuntanzas en Santaballa, Nete, Ladra, Oleiros, Carballido, Corbelle, Belesar, San Simón, Lanzós e Árbol, a formación achegarase ao barrio de Bordelle (Santaballa) co fin de celebrar unha nova parada da súa iniciativa Rede de Parroquias. Á reunión, fixada para o…

Vilalba Aberta participará na mobilización convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública en Compostela

Vilalba Aberta estará presente na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública este domingo en Compostela. Así o anunciou a número dous da nosa candidatura ás vindeiras Eleccións Municipais, Mª Xosé Fernández, quen animou á veciñanza a tomar parte dunha mobilización á que VA acudirá con pancarta propia e na que tamén estarán presentes a nosa…

Vilalba Aberta pide explicacións pola non execución do arranxo do vial que une Rioaveso con Román

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades das parroquias. Logo dunha nova visita á de Rioaveso, o Candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, anunciou que esixirá explicacións ao goberno en base á non execución da “comprometida e presupostada” obra de aglomerado e limpeza de noiros no vial que une esta parroquia coa de…