Permutas voluntarias de terras agrícolas entre particulares: O proxecto de Vilalba Aberta para pór a producir o rural

Vilalba Aberta volverá levar a Pleno o seu proxecto para a reorganización da propiedade rural a través de permutas. A iniciativa, rexistrada por primeira vez en xullo de 2021 – mais completamente ignorada polo goberno municipal – pretende mellorar a rendibilidade da superficie agrícola do municipio e subvencionaría ata un 75% dos gastos notariais a…

Vilalba Aberta levará a Pleno as reclamacións dos veciños/as do Vilar de Pígara en Goiriz

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades da veciñanza das parroquias. Logo dunha xuntanza cos veciños/as do Vilar de Pígara (Parroquia de Goiriz), o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretenden dar resposta ás demandas dos seus residentes, pola vía da renovación e mellora do camiño público que lle…

Vilalba Aberta pide explicacións polo estado da estrada que une o empalme coa Feira do Monte ao seu paso por Vilalba

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova interpelación á Alcaldesa. A solicitude, que atopa fundamento no deplorable estado da estrada provincial LU-P-6501 ao seu paso por Vilalba, chega logo de que a Deputación Provincial actuara sobre o firme do tramo pertencente ao Concello de Cospeito, ficando, un ano máis, o pertencente ao Concello de Vilalba…

Vilalba Aberta retomará en Corbelle a súa xeira de xuntanzas “parroquia a parroquia”

Vilalba Aberta anunciou hoxe a volta da súa pioneira iniciativa “Rede de Parroquias”. Suspendida pola aparición da Covid no mes de Marzo de 2020, estamos a falar dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” deseñados pola nosa asemblea co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas, logo, á…

Vilalba Aberta reclama novas paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias

Vilalba Aberta segue a tomar a iniciativa de cara ao Pleno Ordinario de Setembro. Así, o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretende facer súas as demandas das familias do rural vilalbés, en relación co necesario incremento da dotación de paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias. Unha…